Helena Marques
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1935 Carcavelos, Portugal |
Morte | 19 de outubro de 2020 (85 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Helena Maria Pereira Gonçalves Marques, coñecida como Helena Marques, nada en Carcavelos (Portugal) o 17 de maio de 1935, é unha xornalista e escritora portuguesa.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi de nena para a Madeira de onde seus pais eran orixinarios. Exerceu o xornalismo durante 36 anos, iniciando a súa carreira no Diário de Notícias do Funchal e terminouna no Diário de Notícias de Lisboa (onde residiu desde 1971), no que foi directora adxunta desde 1986 a 1992. Tamén foi redactora doutros diarios, como A Capital, Jornal do Comércio, República e A Luta.[3] Formou parte da Casa da Imprensa e do Sindicato dos Jornalistas.
A súa obra está traducida a alemán, italiano, castelán, grego, romanés e búlgaro.[4]
A obra que a deu a coñecer, O último cais, foi un grande éxito e relata as historias de varias personaxes dalgunhas familias madeirenses, decorre maioritariamente no Funchal durante o século XIX.[5] As súas novelas buscan a identidade da muller portuguesa a través do tempo e do espazo, comezam no século XIX e van até o século XXI.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- O último cais (1992). Dom Quixote. ISBN 9789722010610. 196 páxs. En castelán: El último puerto (2003), El Cobre Ediciones, ISBN 9788496095205, traducido por Pere Comellas Casanova.
- A Deusa Sentada (1994). Dom Quixote. 213 páxs. ISBN 9789722011983.
- Terceiras Pessoas (1998). Dom Quixote. 190 páxs. ISBN 9789722014526.
- Os Íbis Vermelhos da Guiana (2002). Dom Quixote. ISBN 978-9722021036.
- Ilhas Contadas (2007). Dom Quixote. 142 páxs. ISBN 9789722031691. Son dez historias sobre illas.
- O Bazar Alemão (2010). Dom Quixote. 224 páxs. ISBN 978-9722041188.
Premios
[editar | editar a fonte]O Último Cais recibiu os premios:[4]
- Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores
- Prémio Revista Ler/Círculo de Leitores
- Prémio Máxima de Revelação
- Prémio Procópio de Literatura
- Prémio Bordallo de Literatura da Casa da Imprensa
En 1986 foi Prémio Jornalista do Ano da revista Mulheres
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Infopédia. "Helena Marques - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ www.jr-webdesign.de, jr webdesign (D-57319 Bad Berleburg)-. "Helena Marques: Berleburger Literaturpflaster". www.literaturpflaster.com (en alemán). Consultado o 2020-04-02.
- ↑ "Gazetas 2013" (PDF). www.clubedejornalistas.pt (en portugués).
- ↑ 4,0 4,1 "Helena Marques.Wook". www.wook.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "O último cais" (en portugués). 2019-08-11.
- ↑ Rector, Monica (2004-10-21). "O ciclo de vida e morte em Helena Marques". Scripta (en portugués) 8 (15): 92–105. ISSN 2358-3428.