Helena de Anjou
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1237 |
Morte | 8 de febreiro de 1314 (Gregoriano) (76/77 anos) Shkodër, Albania |
Lugar de sepultura | Gradac Monastery (en) 43°22′08″N 20°32′52″L / 43.36889, 20.54781 |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Enaltecemento | |
Outro | |
Título | Raíña |
Cónxuxe | Estevo Uroš I |
Fillos | Q85999528, Brnjača, Estevo Dragutin, Estevo Uroš II Milutin |
Pais | John Angelus of Syrmia e Matilda of Vianden, Lady of Požega |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Helena de Anjou (en serbio: Јелена Анжујска, trans. Jelena Anžujska), nada aprox. en 1236 e finada o 8 de febreiro de 1314, foi a raíña consorte do Reino de Serbia, esposa de Estevo Uroš I e nai dos reis Dragutin e Milutin.
Helena era católica e naceu en aprox. 1236. As súas orixes non son coñecidas con certeza. A biografía do Arcebispo Danilo di que «pertencía a unha familia francesa» e un continuador da obra afirma que «a familia era de sangue real ou imperial»[1]. Fine polo menos especifica que Helena era «de orixe católica e francesa», probabelmente da Casa de Valois[2]. Segundo Europäische Stammtafeln, descendía dunha rama da familia do emperador bizantino e a casa real húngara, nese caso é posíbel que sexa a irmá de María Anxelina, a esposa de Ansel de Chaurs ou Cayeux, tamén coñecido como Anselmo de Keu, o capitán xeneral en Albania de Carlos I de Nápoles. Carlos I de Nápoles menciónaa como un familiar nunha carta con data de 1273.
Por algún tempo, foi o gobernante de Zeta, Travunia, Plav e Poibarje. Durante ese tempo Serbia estaba dividida en tres partes, e os gobernantes das outras dúas partes foron Dragutin e Milutin. Helena converteuse en monxa da Igrexa de San Nicolao en Shkodër, onde morreu o 8 de febreiro de 1314.
Fundou a primeira escola para nenas na Serbia medieval. O palacio de Helena atópase na actual Kósovo, na cidade de Brnjak (ás veces chamado «Brnjaci», pero non é o sitio co mesmo nome en Bosnia e Herzegovina), na montaña de Mokra Gora (que non debe confundirse coa aldea de Mokra Gora), onde se atopa a escola. Á parte deste palacio, posuía a aldea de Jelač na montaña de Rogozna. Do mesmo xeito que outros Nemanjićs, construíu mosteiros. Construíu o mosteiro de Gradac, onde está enterrada, a igrexa de San Nicolao en Shkodër onde morreu, e o mosteiro de Shirgj[3].
Helena de Anjou foi canonizada pola Igrexa ortodoxa serbia. A súa festa é o 12 de novembro[4].
Helena casou con Uroš I ao redor de 1245[5]. Con Uroš I tivo polo menos catro fillos:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McDaniel ´John Angelos and Queen Jelena´, citando a Makushev, V. ´Itallianskie arkhivy i khranisashchiesia v nikh materialy dlia slavianskoi istorii´, Sbornik Otdelelniia Russkogo Iazyka i Slovesnosti, VIII/4 (1871), pp. 30-33.
- ↑ Fine (1994), p. 220.
- ↑ Ndreca, Ardian (15 de setembro de 2008). "Rrënojat e Abacisë së Shirgjit dhe shpëtimi i tyne". Consultado o 4 de xaneiro de 2020.
- ↑ Srpsko nasleđe: Sveta Jelena Anžujska Arquivado 28 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en serbio)
- ↑ "Vladimir Ćorović "Istorija srpskog naroda": Zapadnjačka orijentacija u Srbiji". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2014. Consultado o 04 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Helena de Anjou.
- Srpsko nasleđe: Nemanjići i žene (en serbio).
- Manastir Gradac: Gradila ga Jelena Anžujska (en serbio).
- Portreti kraljevske porodice Nemanjića na istočnom zidu Sopoćana (en serbio).