Heliodoro (historiador)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II a. C. ![]() Antiga Atenas ![]() |
Morte | século II a. C. ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador ![]() |
Heliodoro (grego Ἡλιόδωρος, latín Heliodorus) foi un historiador grego de Atenas, coñecido como Περιηγήτης (Perieguétes), que escribiu unha descrición das obras de arte da Acrópole de Atenas que se menciona baixo varios títulos: Περὶ ἀκροπόλεως, Περὶ τῶν Ἀθήνῃσι τριπόδων, Ἀναθήματα, e de Atheniensium Anatematis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Esta obra foi unha das fontes de Plinio o Vello que utilizaba para falar dos artistas gregos. Probabelmente viviu durante a época de Antíoco IV Epífanes ( -174 a -163), segundo Ateneo de Naucratis. Plutarco di que tamén escribiu Περὶ μνημάτων, pero quizais se refería a un Diodoro, e non a Heliodoro[1]-
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Heliodorus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 373