Heliodoro de Émesa
Nome orixinal | (grc) Ἡλιόδωρος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. século III Homs, Siria (pt) |
Morte | c. século IV |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Período de actividade | século III - século IV |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Heliodoro (Ἡλιόδωρος) de Emesa (Siria) foi un escritor grego, autor da novela Etiópicas (Αἰθιοπικά), coñecida tamén como Teáxenes e Cariclea (Θεαγένης καὶ Χαρίκλεία).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada se sabe con seguridade da súa vida, que se data de forma variábel entre os séculos III e IV, pero identificárono cun bispo cristián de Tesalónica chamado así, segundo a noticia que aparece por primeira vez en Historia eclesiástica de Sócrates de Constantinopla [1], chegando a ser bispo de Trica e quen introducira o celibato en Tesalia.
Obra
[editar | editar a fonte]Dúas particularidades asignan á novela de Heliodoro un posto especial. En primeiro lugar, o inusitado virtuosismo na técnica narrativa; por outra banda, constitúe un relevante testemuño de que novas forzas relixiosas penetran nesa época. Nesta novela de Heliodoro, como nas demais, percíbese con especial claridade que a lingua é produto artificioso. Todos os recursos da arte retórica e apoiaturas poéticas non poden desmentir o carácter pobre deste estilo. Constrúense pero non se redondean grandes períodos. A teima, sobre todo, de recargar as oracións amontoando participios conduce á formación de cláusulas monstruosas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heliodoros, Aquiles Tatius (1980). Las Etiópicas o Teágenes y Cariclea. Traducción a cargo de Emilio Crespo Güemes (1ª ed., 2ª imp.). Editorial Gredos. Madrid. ISBN 9788424935351.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Leucipa e Clitofonte de Aquiles Tacio.
- Quéreas e Calírroe de Caritón.
- Dafnis e Cloe de Longo de Lesbos.
- Habrócomes e Antía de Xenofonte de Éfeso.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Heliodoro: Etiópicas.
- Texto bilingüe grego - francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).