Hell (filme de 2011)
Hell | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hell |
Director | Tim Fehlbaum |
Produtor | Gabriele Walther Thomas Wöbke Roland Emmerich |
Guión | Tim Fehlbaum Oliver Kahl Thomas Woebke |
Intérpretes | Hannah Herzsprung |
Fotografía | Markus Förderer |
Estrea | 22 de setembro de 2011 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Terror |
Na rede | |
http://www.againstgravity.pl/hell/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hell é un filme postapocalíptico xermano-suízo dirixido por Tim Fehlbaum[2][3] que se estreou no 2011. Conta a historia dun grupo de superviventes nunha Alemaña desolada do 2016, cando os raios solares destruíron a atmosfera da Terra e incrementaron as temperaturas 10 °C.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Logo de que o Sol convertese ó mundo enteiro nun deserto caloroso e estéril os humanos restantes loitan desesperadamente por sobrevivir. Marie, a súa irmá máis nova Leonie e Phillip diríxense ás montañas no seu coche cos vidros polarizados. Rumoréase que alí aínda é posible atopar auga. No camiño, encóntranse con Tom, que resulta ser un bo mecánico e convértese nun membro máis do grupo. Malia todo, nin Phillip nin Marie confían nel e teñen pensado abandonalo en canto poidan. Durante a súa viaxe caen nunha emboscada dun grupo que caza persoas, coa cal comeza a verdadeira batalla pola supervivencia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hannah Herzsprung como Marie
- Stipe Erceg como Tom
- Angela Winkler como Bäurin
- Michael Kranz como Micha
- Lars Eidinger como Phillip
- Lisa Vicari como Leonie
- Anne Sarah Hartung como Sophia
- Lilo Baur como Französin
- Yoann Blanc como Sohn Micha
- Ellen Schweiger como Oma
- Christoph Gaugler como Brückner
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2011: Festival de Sitges: Mellor fotografía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IMDb : details
- ↑ Smith, Ian Hayden (2012). International Film Guide 2012. p. 125. ISBN 978-1908215017.
- ↑ "Hell". berlinale. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 2012-04-29.