Hemigaleus australiensis
Hemigaleus australiensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Hemigaleus australiensis | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Hemigaleus australiensis W. T. White, Last & Compagno, 2005 | |||||||||||||||||
![]() Área de distribución de Hemigaleus australiensis
|
Hemigaleus australiensisi é unha especie de peixe condrictio da orde dos carcarriniformes, familia dos hemigaleidos, unha das dúas integradas no xénero xénero Hemigaleus.[2][3][4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 2005 polo ictiólogo australiano William Toby White, o seu colega, tamén australiano, Peter Robert Last e Leonard Compagno, biólogo mariño estadounidense recoñecido experto na taxonomía dos tiburóns, no tarballo:[2][3]
- White, W. T.; Last, P. R.; Compagno, L. J. V. (2005): "Description of a new species of weasel shark, Hemigaleus australiensis (Carcharhiniformes: Hemigaleidae) from Australian waters". Zootaxa 1077: 37-49.
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Hemigaleus.
O epírteto específico, australiensis fai referencia á área de distribución da especie, nas augas tropicais do norte de Australia.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Hemigaleus australiensis é un tiburón de tamaño medio (pode alcanzar até os 110 cm de lonxitude[6]). A cabeza é moderadamente longa, presentando na boca dentes en fileiras de 28 a 30 (no maxilar superior) e de 46 a 52 (no maxilar inferior) . As aletas dorsais están lixeiramente inclinadas cara a atrás, moderadamente falciformes, ou non falciformes. A primeira aleta dorsal ten un tamaño de 2,6 a 3 da lonxitude da cabeza. O lóbulo superior da aleta caudal é moderadamente ancho, non alongado, e o lóbulo ventral desta aleta é curto. As aletas pectorais son anchas, falciformes. A segunda aleta dorsal presenta unhha punta escura visíbel, e a primeira aleta dorsal ten a marxe posterior pálida. Os cláspers, pterigopodioS ou pterigópodos dos adultos son moderadamente curtos. (Ver pterigopodio).[6]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, demersal, que frecuenta augas tropicais entre os 12 e os 170 m de profundidade. Distribúese desde o océano Índico oriental até o Pacífico occidental, nas costas de Australia. Cómpre confirmar os rexistros que se citaron en Papúa-Nova Guinea.[6]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hemigaleus australiensis¨é unha especie predominantemente demersal, que vive nas plataformas continentais e insulares desde baías pouco profundas e costeiras até os 170 m de profundidade.[6]
Os machos alcanzan a madurez sexual cando midn uns 60 cm, e as femias cando miden entre os 60 e os 65 cm. As con crías nacen cuns 30 cm de lonxitude.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simpfendorfer, C., White, W. T. & Smart, J. J. (2016): Hemigaleus australiensis na Lista vermella da UICN. Vesión 2021-3. Consultada o 5 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 no WoRMS. Consultado o 5 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 no GBIF. Consultado o 5 de abril de 2022.
- ↑ Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 na BioLib. Consultada o 5 de abril de 2022.
- ↑ Froese & Paul 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 White, Last & Compagno 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hemigaleus australiensis ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hemigaleus australiensis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compagno, Dando, & Fowler (2005): Sharks of the World. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-6911-2072-2.
- Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2022): Hemigaleus australiensis White, Last & Compagno, 2005 en FishBase.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- White, W. T., Last, P. R. & Compagno, L. J. V. (2005): "Description of a new species of weasel shark, Hemigaleus australiensis (Carcharhiniformes: Hemigaleidae) from Australian waters". Zootaxa 1077: 37-49.