Saltar ao contido

Hemipene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemipene dunha serpe cascabel Crotalus adamanteus.
Hemipenes da culebra Synophis bogerti.

Un hemipene é un dos dous órganos reprodutores dos réptiles escamosos macho (serpes, lagartos, e anfisbenios).[1][2] Os hemipenes están normalmente dentro do corpo e afloran antes da reprodución mediante tecidos eréctiles, do mesmo xeito que o pene dos mamíferos.[3] Só se emprega un hemipene cada vez, e crese que é posible que os machos alternen o seu uso entre cópulas. Os hemipenes teñen moitas formas diferentes dependendo da especie, a miúdo presentan espiñas ou ganchos para suxeitar á femia. Algunhas especies teñen mesmo hemipenes bífidos, con dúas puntas.

O homólogo feminino é o hemiclítoris.[4][5]

  1. "Hemipenes". 
  2. Holmes MM, Putz O, Crews D, Wade J (abril de 2005). "Normally occurring intersexuality and testosterone induced plasticity in the copulatory system of adult leopard geckos" 47 (4): 439–45. PMID 15777809. doi:10.1016/j.yhbeh.2004.11.020. 
  3. "Iguana Anatomy". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. 
  4. Valdecantos, S.; Lobo, F. (2015). "First report of hemiclitores in females of South American Liolaemid lizards.". Journal of Herpetology 49 (2): 291–294. doi:10.1670/13-124. 
  5. Fox, Alex (14 de decembro de 2022). "Scientists Overlooked the Snake Clitoris, Until Now". The New York Times. Consultado o 14 de decembro de 2022. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]