Henri Laurent
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Albert Fernand Laurent 1 de abril de 1881 Beaulieu-sur-Loire, Francia |
Morte | 14 de febreiro de 1954 (72 anos) La Rochelle, Francia |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1900 | fencing at the 1900 Summer Olympics – men's masters épée (en) (Medalla de bronce olímpica) |
Henri Albert Fernand Laurent, nado en Beaulieu-sur-Loire o 1 de abril de 1881 e finado en La Rochelle o 14 de febreirode 1954, foi mestre de armas e tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Quedou orfo aos trece anos e foi educado cas de seu tío, Alphonse Laurent que exercía como mestre de armas en París. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París na proba de espada profesional, logrando a medalla de bronce. Despois dos Xogos estivo un tempo en Inglaterra mellorando a súa formación esgrimística, e gañou varios torneos internacionais e foi membro da sección técnica de espada da Federación Nacional de Esgrima. Mobilizado durante a primeira guerra mundial foi ferido e feito prisioneiro en 1915, enfermo de tifo curou nun hospital de Lausana e logo deu clases nunha sala de armas da cidade. Foi campión de Francia para profesionais en 1921 e 1923 e profesor titular da sala de armas do prestixioso Lycée Carnot de París.