Henrique II de Bar
Nome orixinal | (fr) Henri II de Bar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1190 valor descoñecido |
Morte | 13 de novembro de 1239 (48/49 anos) Gaza, Estado de Palestina |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Outro | |
Título | Count of Bar (en) (1214–1239) |
Familia | House of Scarpone (en) |
Cónxuxe | Philippa de Dreux (1219 (Gregoriano)–) |
Fillos | Jeanne of Bar, Margarida de Bar, Theobald II, Count of Bar |
Pais | Teobaldo I de Bar e Ermesinde of Bar-sur-Seine |
Irmáns | Agnes of Bar Margarida de Bar Agnes of Bar |
Henrique II de Bar, nado c. 1190 e finado en Gaza o 13 de novembro de 1239, foi conde de Bar de 1214 a 1239.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Teobaldo I, conde de Bar, e de Isabel de Bar-sur-Seine. Casou en 1219 con Filipa de Dreux (1192 -1242), filla de Roberto II, conde de Dreux e Iolanda de Coucy, e tiveron a:
- Margarida (1220-1275), casada en 1240 con Henrique V o Roxo (1217 -1281), conde de Luxemburgo.
- Teobaldo II (sobre 1221 -1291), conde de Bar.
- Henrique, que aparece citado en 1249.
- Xoana (1225 - 1299), casada con Frederico de Blamont (finado en 1255), máis tarde con Lois V de Looz (1235 - 1299), conde de Chiny, famoso no Torneo de Chauvency.
- Renaldo (morto en 1271).
- Erardo (morto en 1335).
- Isabel (morta en 1320).
Aparece en documentos desde o 1202 e estivo asociado ao goberno do condado de Bar desde 1210. Participou en 1211 na cruzada albixense, sucedendo ao seu pai en 1214. De inmediato combateu polo rei de Francia Filipe II Augusto na batalla de Bouvines.
Cando a guerra de sucesión de Champaña (1216 - 1221), apoiou activamente ao conde de Champaña Teobaldo IV. Mantívose unha boa amizade durante anos entre os dous condes.
Á morte do rei Lois VIII o León (1226), Teobaldo arrastrou a Henrique á sublevación contra a rexente Branca de Castela, pero fixeron a súa submisión o 2 de marzo de 1227 en Vendôme.
Teobaldo e Henrique pelexaron finalmente arredor de 1229. O conde de Champaña aliouse co duque de Lorena e Henrique, aliado co conde de Vaudemont Hugo II e co bispo de Toul, asolou Lorena en xaneiro de 1230. Teobaldo IV e Simón de Joinville invadiron e devastaron o Barrois, e logo Hugo IV, duque de Borgoña, invadiu Champaña. Branca de Castela tivo que intervir para restablecer a paz, que foi asinada en 1232.
Aliado cos habitantes de Metz e co duque de Lorena Mateo II, opúxose a Xoán I de Apremont no momento da Guerra dos Amigos de 1231 a 1234.
Tras ter doado como dote o Señorío de Ligny á súa filla Margarida, que casara con Henrique V de Luxemburgo, estableceuse que o señorío quedaría baixo a soberanía feudal de Bar (1240); pero en 1256, Henrique de Luxemburgo rendeu unha homenaxe por Ligny a Teobaldo II de Navarra, conde de Champaña e rei de Navarra. Seguiu unha guerra e a arbitraxe do rei Lois IX de Francia (futuro San Lois), señor feudal dos condes de Champaña e dos condes de Bar, devolveu Ligny a Henrique de Luxemburgo baixo a soberanía feudal orixinal (1268).
Henrique fundou varias abadías e fixo importantes doazóns a outras.
Tomou a cruz en 1239 e acompañou a Teobaldo IV de Champaña e Hugo IV desde Borgoña ata Terra Santa. Morreu na batalla de Gaza en 1239.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Georges Poull, La Maison souveraine et ducale de Bar, 1994
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique II de Bar |