Henry Cole
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1808 Bath, Reino Unido |
Morte | 18 de abril de 1882 (73 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Cemitério de Brompton (pt) |
Director de museo | |
Datos persoais | |
Educación | Christ's Hospital (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres (1823–1882) |
Ocupación | emprendedor, escritor, deseñador |
Período de actividade | 1823 - 1882 |
Pseudónimo literario | Felix Summerly |
Familia | |
Fillos | Mary Charlotte Cole |
Irmáns | Charles Augustus Cole |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica The American Cyclopædia |
Henry Cole, nado en Bath en 1808, finado en Londres en 1882, foi un deseñador inglés do século XIX. Foi un home polifacético que traballou en diversos oficios e que se considera o autor da primeira tarxeta de Nadal do mundo.
Foi un funcionario civil, que xunto a un grupo de seguidores, inicia no seu país no ano 1845 un movemento que pretende eliminar a brecha existente entre o industrial e o artista ou deseñador, e estimular así o gusto dos usuarios. En palabras do propio Cole, o obxectivo central era “demostrar a unión do mellor arte coa manufactura”, había que reformar a produción, e pensando que “unha alianza entre arte e fabricante promovería o gusto do público”.
Biografía
[editar | editar a fonte]Henry Cole educouse en Christ's Hospital, en Londres. Comezou a súa carreira aos 15 na Public Record Office, onde era un asistente de mantemento.
De 1837 a 1840, traballou como asistente de Rowland Hill e xogou un papel importante na introdución do Penny Post. Tamén estivo darredor do primeiro selo, o Penny Black.
En 1843, Cole creou a primeira tarxeta de Nadal comercial,[1] sendo John Callcott Horsley o autor do debuxo.
Logo pasou a editar o Journal of Design and Manufactures, primeira publicación sobre deseño na historia, que circulou de 1849 a 1852, onde se postulaba un deseño exento de ornamentación, funcional e útil. Probablemente a súa obra máis relevante no mundo do deseño de produto sexa un xogo de té de cor branca inspirado nas vaixelas gregas.
Foi un dos mentores da Exposición Universal de Londres en 1851, sendo un dos encargados de escoller o proxecto para a construción do recinto da exposición, escollendo O Crystal Palace, de Joseph Paxton.
Como Felix Summerly
[editar | editar a fonte]Baixo o seudónimo de Felix Summerly deseñou as teteiras de Mintons. Como Felix Summerly tamén escribiu unha serie de libros infantís, como A book of stories from The home treasury; A hand-book for the architecture, sculpture, tombs, and decorations of Westminster Abbey (1859); An Alphabet of Quadrupeds (1844); e The most delectable history of Reynard the Fox (ilustrado por 24 debuxos en cor de Aldert van Everdingen) (1846).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Earnshaw, Iris (November 2003). "The History of Christmas Cards". Inverloch Historical Society Inc. Consultado o 29 de xaneiro de 2010.(en inglés)