Saltar ao contido

Henry Kreis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Kreis
Biografía
Nacemento1899
Essen, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña.
Morte1963 (63 anos)
Essex, Connecticut, Estados Unidos.
País de nacionalidadeAlemaña Alemán
Estadounidense.
EducaciónEscola Estatal de Ciencias Aplicadas de Múnich.
Instituto de Belas Artes de Nova York.
Actividade
OcupaciónEscultor, medallista, deseño de moedas.
Período de actividade1920 Editar o valor en Wikidata - 1940 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Sociedade Nacional de Escultura.
Liga Arquitectónica de Nova York.
Academia de Belas Artes de Connecticut.
Academia Americana das Artes e das Letras.
Familia
CónxuxePatricia Alden Glazier. Editar o valor en Wikidata
FillosJulie, Louisa, Emily e Henry Kreis. Editar o valor en Wikidata
Premios
1942 Medalla de Ouro George D. Widener.
1948 Premio Sanford Saltus de Medalla.

Henry Kreis, nado en Essen (Alemaña) en 1899 e finado en Essex o 21 de xaneiro de 1963, foi un escultor, medalista e deseñador de moedas xermano-estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación en Alemaña

[editar | editar a fonte]

Henry Kreis naceu en 1899 en Essen, no estado alemán de Renania do Norte-Westfalia.[1][2][3]

Ao concluír o seu ensino secundario foi aprendiz dun artista tallador de pedra, entre os 14 e os 18 anos. Logo de cumprir o seu servizo militar no exército alemán durante a primeira guerra mundial realizou a súa formación artística na Escola Estatal de Artes Aplicadas de Múnic,[1][2] e tamén co escultor bávaro Joseph Wakerle.[3]

Carreira nos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

En 1923 emigou aos Estados Unidos, onde traballou como canteiro en tanto que continuaba a súa formación inicialmente no Instituto de Belas Artes e Deseño de Nova York, entre 1924 e 1928,[3] e logo co escultor Paul Manship, con quen mantivo amizade durante toda a vida.[1][2]

"O Nacemento dunha Nación", en Fairmount Park, Filadelfia.

Como escultor, Kreis participou durante a Gran Depresión na Works Progress Administration e colaborou con Manship na creación da estatua de Prometeo no Rockefeller Center. Algunhas das súas obras máis senlleiras están no Monumento ao Nacemento dunha Nación, en Fairmount Park, Filadelfia; na Oficina de Correos do Bronx, ou no edificio do Tribunal Supremo en Brooklyn. Despois da segunda guerra mundial, creou obras como unha figura de máis de tres metros de altura titulada Honor, na entrada do cemiterio militar do Norte de África en Cartago; ademais, o Monumento á Guerra no Instituto Politécnico de Virxinia, e o Monumento aos Pioneiros de Fort Moore, nos Ánxeles.[1]

Escultura "Costa do Pacífico", no Departamento de Xustiza en Washington.[4]

En 1933, recibiu a encarga de esculpir doce relevos de escaiola que representaban distintas rexións dos Estados Unidos, para o edificio do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos en Washington.[3]

Henry Kreis destacou tamén como medallista e deseñador de moedas. Foi o creador de medallas como a do Tricentenario de Connecticut ou a da Feira Mundial de Nova York. En 1947 creou unha serie de dúas medallas das "Virxes sabias" e as "Virxes tolas", por encarga da Sociedade de Medallistas. [1] As moedas da súa creación son tres: o medio dólar do Tricentenario de Connecticut (1935),[5] o medio dólar do Centenario de Bridgeport (1936)[6] e o anverso do medio dólar de Arkansas-Robinson (1936), cun reverso creado por Everett Burr.[7]

Durante varios anos, Kreis exerceu a docencia na Escola de Arte de Hartford, Connecticut.[1][2]

Entre outras entidades académicas e sociedades eruditas, Kreis foi escollido membro da Sociedade Nacional de Escultura en 1929, da Liga Arquitectónica de Nova York e da Academia de Belas Artes de Connecticut, e en 1951 ingresou na Academia Americana das Artes e das Letras.[1][2]

Henry Kreis finou na súa casa de Essex a o 21 de xaneiro de 1963, aos 63 anos, vítima do cancro.[10]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Henry Kreis". Medallicartcollector.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Henry Kreis". askART.com
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Henry Kreis". General Services Administration (Art.gsa.gov).
  4. "Sculpture "Pacific Coast" located in fifth floor lobby, Department of Justice, Washington, D.C.". Library of the Congress (LOC.gov).
  5. "½ Dollar Connecticut". Numista.com
  6. "½ Dollar Bridgeport". Numista.com
  7. "½ Dollar Arkansas Centennial". Numista.com
  8. "½ Dollar Connecticut". Numista.com
  9. "½ Dollar Bridgeport". Numista.com
  10. "Henry Kreis Dies; Essex Sculptor". En The Bridgeport Post. 22 de xaneiro de 1963.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]