Henry Thomas Colebrooke
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1765 Londres, Reino Unido |
Morte | 10 de marzo de 1837 (71 anos) Londres, Reino Unido |
Xuíz | |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingua sánscrita |
Ocupación | botánico, tradutor, tradutor da Biblia, maxistrado, historiador das matemáticas, Sanskrit scholar (en) , matemático, lingüista, indólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Colebr. |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Wilkinson (1810–valor descoñecido) |
Fillos | Edward Colebrooke, 4.º Baronete |
Pais | George Colebrooke, 2.º Baronete e Mary Gaynor |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Henry Thomas Colebrooke, nado o 15 de xuño de 1765 en Londres e morto o 10 de abril de 1837 en Calcuta, foi un filólogo, orientalista e botánico británico, que foi un dos primeiros estudosos da lingua sánscrita e da botánica da India, onde traballou como maxistrado
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do banqueiro e político George Colebrooke, educárono na casa ata os quince anos. Trasladouse á India en 1782, e alí traballou para a administración colonial en distintas zonas do país (Calcuta, Tirhut, Purnia). Da súa actividade ao servizo da administración británica trouxo a inspiración para o ensaio Remarks on the Husbandry and Commerce of Bengal ("Observacións sobre a economía e sobre o comercio de Bengala"), publicado, nun primeiro momento privadamente, en 1795, no cal invocaba o libre cambio entre a India e a Gran Bretaña.
No 1793 comezou o estudo da lingua sánscrita e completou o Digest of Hindu Laws ("Compendio de dereito hindú"), o monumental estudo sobre o dereito hindú que deixara inconcluso William Jones; traduciu despois os tratados Mitākṣarā de Vijñāneśvara e o Dāyabhāga de Jīmūtavāhana, que publicou xuntos baixo o título de Law of Inheritance ("Leis sobre a herdanza").
En 1799 foi enviado a unha misión en Nagpur e, ao seu retorno a Calcuta, nomeárono xuíz do novo tribunal de apelación, do que logo se converteu en presidente. No 1805 o gobernador xeral da India, Richard Wellesley, nomeouno profesor de Dereito hindú no Fort William College de Calcuta. Con William Jones foi un dos fundadores da Asiatic Society, da que tamén foi presidente.
Durante a súa primeira estancia en Calcuta escribiu A Grammar of the Sanscrit Language ("Unha gramática da lingua sánscrita", 1805), varios ensaios sobre as cerimonias relixiosas hindús e Essay on the Vedas ("Ensaios sobre os Veda", 1805); tales obras constituíron por moito tempo o punto de referencia sobre o tema en Gran Bretaña e exercitaron un profundo influxo en toda Europa. A súa gramática sánscrita, en particular, convértese no punto de referencia de toda a lingüística europea e fixo posíbel a fundación da indoeuropeística[1].
Tras a súa morte publicaron Miscellaneous Essays ("Ensaios misceláneos", 1837) e On the Religion and Philosophy of the Hindus ("Sobre a relixión e a filosofía dos hindús", 1858).
No seu labor como botánico deixou descricións de plantas da India, que aparecen baixo a abreviatura Colebr.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaios
[editar | editar a fonte]- Colebrooke, Henry Thomas; William Jones (1793). Digest of Hindu Laws (en inglés).
- Colebrooke, Henry Thomas (1804). Remarks on the Husbandry and Internal Commerce of Bengal. Calcuta (en inglés).
- Colebrooke, Henry Thomas (1805). A Grammar of the Sanscrit Language. Calcuta: Honorable Company's Press (en inglés).
- Colebrooke, Henry Thomas (1805). Essay on the Vedas (en inglés).
- Colebrooke, Henry Thomas (1819). Description of Select Indian plants. Londres: Transactions of the Linn. Society (en inglés).
- Colebrooke, Henry Thomas (1837). Miscellaneous Essays. H. Allen (en inglés). "Versión dixital". Consultado o 8 de outubro de 2009.
- Colebrooke, Henry Thomas (1858). Essays on the Religion and Philosophy of the Hindus by the Late. Londres: Williams and Norgate (en inglés). Agora en: Colebrooke, Henry Thomas (1972). Essays on the Religion and Philosophy of the Hindus by the Late. Delhi-Varanasi: Indological book house (en inglés). "Versión dixital". Consultado o 8 de outubro de 2009.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Amarasimha (1808). Cosha, or Dictionary of the Sanskrit Language, by Amera Sinha: with an English Interpretation, and Anotations. Serampore: Carey (en sánscrito/inglés).
- Brahmagupta (1817). Algebra, with Arithmetic and Mensuration, from the Sanscrit of Brahmegupta and Bhascara. Londres: John Murray (en inglés). Agora en: Brahmagupta (1973). Algebra, with Arithmetic and Mensuration, from the Sanscrit of Brahmegupta and Bhascara. Vaduz: Hans R. Wohlwend (en inglés).
- Law of Inheritance. Agora en: Jīmūtavāhana (1984). Daya-bhaga and Mitaksara: Two Treatises on the Hindu Law of Inheritance. Delhi: Parimal (en inglés).
- Isvarakrsna (1837). The Sankya Karika, or Memorial Verses on the Sankhya Philosophy. Londres: A.J. Valpy (en sánscrito/inglés).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 19-33.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Thomas E. Colebrooke (1875). "Life of Colebrooke". En Frederick Max Müller. Chips from a German Woodshop. Londres: Longmans, Green & Co. pp. Vol. IV, pp. 377–317.
- J.J. Higgenbothom (1874). "Colebrooke, Henry Thomas". Men Whom India Has Known: Biographies of Eminent Indian Characters. Madrás: Higgenbothom & Co.
- C.E. Buckland, ed. (1906). "Colebrooke, Henry Thomas". Dictionary of Indian Biography. Londres: Swan Sonnenschein & Co.
- Villar, Francisco (1991). Los Indoeuropeos y los orígenes de Europa: lenguaje e historia. Madrid: Gredos (en español). ISBN 84-249-1471-6.