Herba das dúas follas
Aparencia
Herba das dúas follas | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Listera ovata | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Listera ovata' (L.) R.Br. |
A herba das dúas follas, Listera ovata,[1] é unha especie de orquídea terrestre pertencente á familia Orchidaceae. Distribúese por Europa.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha orquídea con tubérculo subterráneo do que xorde un talo con dúas follas e coa inflorescencia ao final do mesmo en forma de acio con flores de cor verdosa. Distínguese polas súas dúas follas opostas ovado-elípticas, de 5-20 cm, que brotan xusto por baixo da metade do talo floral delgado. Flores amarelo verdosas, numerosas nunha inflorescencia espiciforme; brácteas diminutas. Segmentos periánticos 4-5 mm, os externos ovados, os interiores máis estreitos; labelo 7-15 mm, dividido case até a metade en 2 lóbulos estreitamente oblongos. Florece na primavera e verán.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Bosques húmidos, pastos. maleza.
- Ophrys ovata L. (1753) (Basionymum)
- Epipactis ovata (L.) Crantz (1769)
- Helleborine ovata (L.) F.W. Schmidt (1793)
- Malaxis ovata (L.) Bernh. (1800)
- Serapias ovata (L.) Steud. (1821)
- Distomaea ovata (L.) Spenn. (1825)
- Neottia ovata (L.) Bluff & Fingerh. (1838)
- Pollinirhiza ovata (L.) Dulac (1867)
- Diphryllum ovatum (L.) Kuntze (1891)
- Bifolium ovatum (L.) Nieuwl. (1913)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Listera ovata |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba das dúas follas |