Hereo de Samos
(el) Ηραίον Σάμου | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Pythagoreion and Heraion of Samos (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Samos | |||
Localización | ||||
División administrativa | East Samos Municipality, Grecia (en) | |||
Localización | Kolona, Samos (en) | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 668 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1992 (16ª Sesión) | |||
Identificador | 595-002 | |||
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia | ||||
O Hereo de Samos foi un gran santuario da deusa Hera, na rexión sur da Illa de Samos, Grecia, 6 km ao suroeste da cidade antiga, nunha bacía pantanosa preto do mar. O último Hereo arcaico de Samos foi o primeiro dos xigantescos templos xónicos, pero os seus predecesores neste sitio remóntanse ao período xeométrico do século VIII a.C.,[1] ou anterior.[2] O sitio das ruínas do templo, coa súa única columna en pé, designouse Patrimonio da Humanidade da UNESCO, xunto co próximo Pitagoreo en 1992.
Historia
[editar | editar a fonte]O mito central no corazón do culto a Hera en Samos é o do seu nacemento. Segundo a tradición local, a deusa naceu baixo unha árbore de Chamariza (Vitex agnus-castus), a «árbore da castidade». No festival anual de Samos chamado "Toneia" (a "unión"), a imaxe de culto de Hera era cerimoniosamente cuberta por ramas de "chamariza". A árbore aínda aparecía nas moedas gregas antigas de Samos na época romana.
Primeiro templo
[editar | editar a fonte]Coñécense moitas fases da construción, identificadas en parte a través de fragmentos de tellas,[3] a primeira fase data do século VIII a.C.
O primeiro templo, o Hekatompedos, tiña aproximadamente 30 m. de longo e era estreito, consistía en tres paredes e unha liña interior central de columnas para soportar a estrutura do teito.
Segundo templo
[editar | editar a fonte]Os arquitectos Rhoikos e Teodoro construíron un templo moito máis grande ca. 570-550 a.C. O templo estaba fronte ao altar de culto de Hera no seu amurallado e pechado témenos.
Foi un templo díptico, que tiña un pórtico con dúas columnas de fondo, que o rodeaban por completo (peripteral). Tiña un pronao teitado fronte dunha "cella" pechada. Cella e pronao dividíanse en tres corredores iguais por dúas fileiras de columnas que partían do pronao e atravesaban o templo. O resultado foi que Hera era adorada nun templo encaixado dentro dun estilizado bosque de columnas, oito de ancho e vinte e unha de profundidade. As columnas estaban sobre inusitadas bases, torus, que estaban estriadas horizontalmente.
O templo de Rhoikos "debe ter un significado central no desenvolvemento da arquitectura xónica monumental", observa Helmut Kyrieleis.[4] Desafortunadamente durou só unha década antes de que fose destruído, probablemente por un terremoto.
Terceiro templo
[editar | editar a fonte]Despois da destrución do "templo de Rhoikos", construíuse un aínda máis grande a uns 40 metros ao oeste. Este templo tiña a planta de maior extensión coñecida de todos os templos gregos e é coñecido como o "Templo de Polícrates", nomeado así por un tirano de Samos. Unha das estatuas xigantes do Heraion sobrevive no Museo Arqueolóxico de Samos.
Estrabón descríbeo:
- "Mentres se navega cara á cidade [de Samos na illa do mesmo nome] ... á esquerda está o suburbio [da cidade de Samos] preto do Heraion (templo de Hera), e tamén do río Imbrasos e o Heraion, que consta dun templo antigo e un gran santuario, o cal é agora un depósito de tabletas. Ademais do número de tabletas colocadas alí, hai outros depósitos de tabletas votivas e algunhas pequenas capelas cheas de antigas obras de arte. E o templo, aberto ao ceo, está igualmente cheo de excelentes estatuas. Destas, tres de tamaño colosal, obra de Mirón, estaban sobre unha base. Antonio retirou estas estatuas, pero Augusto César devolveu dúas delas, as de Atenea e Hércules, á mesma base, aínda que trasladou a de Zeus ao "Kapitolion" [Capitolio de Roma],erixindo alí unha pequena capela para esa estatua.[5]"
A construción continuou no período romano, pero este Heraion nunca foi completamente rematado. En cambio, a imaxe de culto aloxouse nos tempos imperiais romanos nunha estrutura máis pequena ao leste, que permaneceu en uso ata que o edito de Teodosio I do 391 prohibiu as relixións pagáns como parte da persecución dos pagáns no Imperio romano tardío. Unha igrexa cristiá ocupou o sitio romano, empregando pedra tomada do "Heraeum" romano.[6]
Destrución
[editar | editar a fonte]O Heraion serviu como canteira na época bizantina, polo que finalmente desmantelouse ata as bases. Pouca información sobreviviu en fontes literarias. Pausanias non menciona Samos no seu "Periegesis" de Grecia. As espalladas mencións de Herodoto non proporcionan datos satisfactorios.[7] Coa excepción do altar ao aire libre e o gran templo ningunha outra característica do témenos é mencionada nunha fonte clásica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os obxectos votivos de terracota chipriota datan de finais do século VIII aC (Gerhard Schmidt, Kyprische Bildwerke aus dem Heraion von Samos, (Samos, vol. VII) 1968).
- ↑ "Os discretos inicios do altar poden tal vez remontarse aos últimos tempos micénicos ", observa o escavador do Heraion, Helmut Kyrieleis, (Kyrieleis, "The Heraion at Samos" in Greek Sanctuaries: New Approaches, Nanno Marinatos and Robin Hägg, eds. 1993, pp 125ff) p. 128.
- ↑ Aenne Ohnesorg, "Archaic roof tiles from the Heraion on Samos", Hesperia 59.1 (xaneiro - marzo 1990:181-192); Ohnesorg divided the archaic tile fragments into five groups of "Laconian" and five or six "Corinthian" types (ca 570 BC onwards), representing ten or eleven roofings; there are also fragmentary antefixes.
- ↑ Kyrieleis 1993, p. 133.
- ↑ Strabo, Geography 14. 1. 14
- ↑ "O xeito en que o culto cristián iniciouse inmediatamente no lugar dun culto pagán é un fenómeno que pode observarse frecuentemente en Santuarios gregos" (Kyrieleis 1993, p. 127).
- ↑ Helmut Kyrieleis 1993 notes the lack of the kind of orderly descriptive tour Pausanias would have provided (p. 125).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hereo de Samos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sobre o Templo de Reco, no Proxecto Perseus; (en inglés).
- Páxina do Ministerio de Cultura de Grecia: Hereo e Pitagoreo de Samos (descrición) Arquivado 08 de marzo de 2019 en Wayback Machine. (en grego)