Hermann Goldschmidt
Nome orixinal | (fr) Hermann Mayer Salomon Goldschmidt |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de xuño de 1802 Frankfurt, Alemaña |
Morte | 30 de agosto de 1866 (64 anos) Fontainebleau, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, pintor |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Encyclopædia Britannica |
Hermann Mayer Salomon Goldschmidt, nado o 17 de xuño de 1802 en Frankfurt o 30 de agosto de 1866,[1] ou o 10 de setembro de 1866,[2] e finado en Fontainebleau, foi un astrónomo e pintor alemán que pasou a maior parte da súsa vida en Francia.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hermann Goldschmidt naceu en Frankfurt, e era fillo dun mercador xudeu. Desprazouse a París para estudar arte, e fixo certo número de cadros antes de dirixir a súa atención cara á astronomía.
En abril de 1861 anunciou o descubrimento da novena lúa de Saturno, entre Titán e Hiperión, á que bautizou como Quirón. Porén, equivocárase: tal lúa non existía.
Foiel o primeiro en observar, en 1820, as bandas de sombra que se producen minutos antes dun eclipse solar total.
Foille concedida a medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica en 1861.
Asteroides descubiertos
[editar | editar a fonte]Goldschmidt descubriu 14 asteroides:
- (21) Lutetia
- (32) Pomona
- (36) Atalanta
- (40) Harmonia
- (41) Dafne
- (44) Nisa
- (45) Eugenia
- (48) Doris
- (49) Pales
- (52) Europa
- (54) Alexandra
- (56) Meletea
- (61) Dánae
- (70) Panopea
Eponimia
[editar | editar a fonte]- O cráter lunar Goldschmidt leva este nome na súa honra.
- Así mesmo, bautizouse o asteroide (1614) Goldschmidt na súa memoria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hermann Golschmidt". En Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 27 (4): 115-117.
- ↑ "Goldschmidt, Hermann". Na Jewish Encyclopedia 6, 1906. p. 25.
- ↑ Hermann Mayer Salomon Goldschmidt Arquivado 27 de agosto de 2021 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hermann Goldschmidt |