Saltar ao contido

Hermann von Helmholtz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHermann von Helmholtz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Hermann Ludwig Ferdinand von Helmholtz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Hermann Ludwig Ferdinand Helmholtz Editar o valor en Wikidata
31 de agosto de 1821 Editar o valor en Wikidata
Potsdam, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1894 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Charlottenburg, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFriedhof Wannsee, Lindenstraße (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHermann-von-Helmholtz-Gymnasium (en) Traducir
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
Pépinière (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohannes Peter Müller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, medicina, Fisioloxía e psicoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Bonn
Königsberg
Heidelberg
Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, filósofo, biofísico, anatomista, naturalista, médico militar, fisiólogo, profesor universitario, oftalmólogo, psicólogo, musicólogo, teórico da música, patólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Charité (pt) Traducir
Physikalisch-Technische Bundesanstalt (pt) Traducir
Universidade de Königsberg (pt) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Heidelberg
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
Deutsche Physikalische Gesellschaft (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFisioloxía Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohannes Peter Müller Editar o valor en Wikidata
AlumnosÁgost Heller (en) Traducir, Aleksey Sokolov (en) Traducir, Theodor Carl Gustav von Leber (pt) Traducir, Heinrich Rudolf Hertz e William James Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoHenry Augustus Rowland (pt) Traducir, Friedrich Schottky, Gabriel Lippmann, Heinrich Rudolf Hertz, Albert Abraham Michelson, Michael Pupin (pt) Traducir, Friedrich Goltz (pt) Traducir, Wilhelm Wien, Loránd Eötvös (pt) Traducir, Otto Lummer (pt) Traducir, Wilhelm Wundt, Theodor des Coudres (pt) Traducir, Arthur Gordon Webster (pt) Traducir e Max Wien (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna von Helmholtz (1861–)
Olga von Helmholtz (1849–1859) Editar o valor en Wikidata
FillosRichard von Helmholtz
 ()
Robert von Helmholtz
 () Anna von Helmholtz
Ellen von Siemens-Helmholtz
 () Anna von Helmholtz
Friedrich Julius von Helmholtz
 () Anna von Helmholtz Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гельмгольц Герман Людвиг Фердинанд)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1302973 IMSLP: Category:Helmholtz,_Hermann_von WikiTree: Helmholtz-15 Find a Grave: 113654787 Editar o valor en Wikidata
Hermann von Helmholtz 1914

Hermann Ludwig Ferdinand von Helmholtz (31 de agosto de 1821 - 8 de setembro de 1894). Foi un médico e físico alemán.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Helmholtz naceu en Potsdam; o fillo máis vello dun director de instituto, Ferdinand Helmholtz, que estudou filoloxía e filosofía clásica e amigo próximo de Immanuel Hermann Fichte. Por iso compréndese que o traballo de Helmholtz sexa influenciado por Fichte e Kant, cuxas teorías tratou de trasladar a actividades empíricas como a psicoloxía. Foi cofundadador en 1887 do Physikalisch-Technische Reichsanstalt, máis tarde o actual Physikalisch-Technische Bundesanstalt, xunto con Karl-Heinrich Schellbach e Werner Siemens en Berlin-Charlottenburg .

Mocidade. Medicina. Conservación da enerxía

[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade, Helmholtz trasladouse a Berlín para estudar medicina no Instituto Federico Guillerme Médico-Cirúrxico, escola que formaba a médicos militares. Elixiu estudar alí porque non había que pagar matrícula, cousa importante debido a que a súa familia non era demasiado adiñeirada. Porén, en troques comprometíase a servir oito anos no exército.

Catro anos máis tarde Helmholtz abandonou a Pipinière como doutor en anatomía para realizar prácticas no hospital da Charité. En 1841 comezou unha tese doutoral baixo a dirección de Müller. Estudaría a estrutura do sistema nervioso nos invertebrados. Así descubriu que as fibras nerviosas xorden dunhas células, anteriormente identificadas por Christian Gottfried von Ehrenberg.

En 1843 foi destinado ao hospital de Potsdam, onde traballou durante cinco anos. Puido compatibilizar o seu traballo coas investigacións, xa que tiña bastante tempo libre. Habilitou un barracón para transformalo en laboratorio. Alí realizou investigacións sobre a produción de calor durante a contracción muscular. Demostrou que a calor non era transportada polo sangue ou polos nervios, senón que era producida nos propios músculos. Deduciu un equivalente mecánico da calor, incorporado na súa disertación de 1847, Über die Erhaltung der Kraft (Sobre a conservación da enerxía). Isto significaba que non existían "forzas vitais" para mover un músculo. Helmholtz rexeitou a tradición especulativa da filosofía natural, paradigma dominante entón na fisioloxía alemá.

Tras isto, puido abandonar o exército e comezar a ensinar anatomía na Academia de Belas Artes de Berlín grazas á axuda que lle achegou Alexander von Humboldt.

Oftalmoloxía

[editar | editar a fonte]

En 1851 inventou o oftalmoscopio, un instrumento empregado para mirar o fondo do ollo, e aplicado dende entón ao ollo humano. Os intereses de Helmholtz neste tempo fóronse focalizando cada vez máis na fisioloxía dos sentidos. A súa principal publicación foi o Handbuch der Physiologischen Optik (Manual de óptica fisiolóxica). Devandita obra foi a referencia fundamental neste eido durante a segunda metade do século XIX. O manual proveu de teorías empíricas sobre visión espacial e da cor.

Helmholtz continuou traballando por varias décadas en novas edicións do manual. O traballo foi posto ao día en razón da súa disputa con Ewald Hering, quen mantiña puntos de vista opostos sobre devanditas teorías. A disputa dividiu a disciplina durante a segunda metade do século XIX.

Acústica

[editar | editar a fonte]

Helmholtz tamén construíu un aparello para analizar as combinacións de tons que xeran sons naturais complexos: o resoador de Helmholtz, o cal é un instrumento musical electrónico primitivo (un dos precursores) que non naceu como tal, xa que o seu inventor era un científico e non tiña ningún interese nas aplicacións musicais derivadas das súas investigacións.

En 1863 Helmholtz publicou un libro titulado Sobre as sensacións de ton como base fisiolóxica para a teoría da música, onde demostraba de novo o seu interese na física da percepción. Este libro influenciou aos musicólogos do século XX.

A fisioloxía sensorial de Helmholtz foi a base do traballo de Wilhelm Wundt, un discípulo de Helmholtz, que é considerado como un dos fundadores da psicología experimental. El, máis explicitamente que Helmholtz, describiu a súa investigación como unha forma de filosofía empírica e como un estudo da mente como algo separado. Helmholtz manifestou na súa última refutación da tradición da filosofía natural especulativa de comezos do sigo XIX a importancia do materialismo, centrándose máis na unidade de corpo e mente.

Electromagnetismo

[editar | editar a fonte]

Helmholtz trasladouse en 1871 de Bonn a Berlín, exercendo de profesor de física. Interesouse polo electromagnetismo. Aínda que el mesmo non acadou a soa por estas achegas á ciencia, o seu discípulo Heinrich Rudolf Hertz fíxose famoso por ser o primeiro en amosar a radiación electromagnética. Outro dos seus estudantes foi Max Planck.

Helmholtz escribiu sobre moitos tópicos diferentes. Entre eles, temas tan diverxentes como a idade da Terra, a orixe do sistema planetario e o funcionamento da membrana basilar na cóclea. (Ver Resoador de Helmholtz)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hermann von Helmholtz and the foundations of Nineteenth century Science. Os Ánxeles: University of California Press, 1994.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]