Hermes Varela Álvarez de Toledo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1920 ![]() Viveiro, España ![]() |
Morte | 9 de xuño de 1988 ![]() Viveiro, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Hermes Francisco Varela Álvarez de Toledo, nado en Viveiro cara a 1921 e finado no mesmo concello o 9 de xuño de 1988,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na guerra civil foi voluntario na Centuria Pedrosa da Primera Bandera de Castilla e rematou como alférez provisional. Militante de FET y de las JONS, foi letrado sindical. Concelleiro en Viveiro e primeiro tenente alcalde, foi nomeado alcalde de Viveiro en febreiro de 1964,[2] tomando posesión o 3 de marzo. Permaneceu no cargo ata o 27 de setembro de 1967. Foi presidente da asemblea local da Cruz Vermella.
Predecesor: Eduardo Lamela Fernández |
![]() Alcalde de Viveiro 1964 - 1967 |
Sucesor: José Gueimunde López
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Mercedes Cao Enríquez e foi pai de Sara Varela Cao.