Saltar ao contido

Herschel (Mimas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente xeográfico extraterrestreHerschel

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
TipoCráter de impacto Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoMimas Editar o valor en Wikidata
EpónimoWilliam Herschel Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas1°23′S 111°46′O / -1.38, -111.76 Editar o valor en Wikidata
Diámetro139 km Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa topográfico de Mimas. Proxección equirectangular. Área representada: 90°N-90°S; 180°W-180°E.
Identificadores
GoPN2478 Editar o valor en Wikidata
Para ve-los outros cráteres do sistema solar chamados 'Herschel', ir a Herschel (cráter).

O cráter Herschel é un gran cráter de impacto que está no hemisferio de vangarda da lúa de Saturno, Mimas, moi preto do ecuador e a uns 110° de lonxitude oeste. Recibiu o seu nome en honra ó astrónomo William Herschel, quen descubriu Mimas no ano 1789.

Os antípodas do cráter Herschel, con facturas (chamadas chasmata) que posiblemente foron causadas polo impacto que creou o cráter.

O cráter Herschel é o cráter máis grande en relación ó corpo -en equilibrio hidrostático- no cal está situado.[1] Este cráter é tan grande que os astrónomos están sorprendidos de que Mimas non se esnaquizar a causa do impacto. Mide 139 km[2] de ancho, case 1/3 do diámetro da lúa; as súas paredes teñen uns 5 km de altura,[3][1] con partes do chan do cráter que acadan case 10 kms de profundidade, e cun pico central que se eleva 6 km sobre o terreo circundante.[3] Se existise un cráter a un escala equivalente na Terra, este tería uns 4.000 km de diámetro, tan ancho coma Canadá, e cunhas paredes de 200 km de altitude. O impacto que creu o cráter Herschel debeu estar a piques de destruír Mimas por completo; pódense ver chasmata nas antípodas do cráter, seguramente estas fracturas e fendas foron creadas polas ondas de choque xeradas polo impacto e que atravesaron a lúa, focalizándose no punto oposto do impacto. Tamén se sospeita que o impacto ten moito que ver co actual patrón da imaxe da temperatura da Mimas, este patrón ten unha forma de Comecocos.[3]

Herschel no cine

[editar | editar a fonte]

A semellanza entre Mimas e a Estrela da Morte do filme Star Wars, debido ó gran tamaño do cráter, é citada moi a miúdo tanto na prensa coma por parte da NASA/JPL.[4][5] Pero non é máis cunha coincidencia xa que o cráter non foi descuberto ata o ano 1980, tres anos despois de que se fixera o filme.[6]

  1. 1,0 1,1 Os cráteres de lúas pequenas coma o cráter Stickney posiblemente sexan máis grandes en comparación [1]; os cráteres que puidesen existir nas lúas de planetas ananos aínda non foron fotografados.
  2. Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Crater, craters: Herschel on Mimas". Consultado o 11-08-2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 NASA, ed. (29-03-2010). "Goddard Instrument Aboard Cassini Spacecraft Sees 'Pac-Man' on Saturn Moon". Arquivado dende o orixinal o 28-12-2022. Consultado o 11-08-2011. 
  4. Nicholas M. Short, Sr. "Remote Sensing Tutorial Page 19-18 "Saturn and its Moons"". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  5. NASA/JPL/Space Science Institute, ed. (29-03-2010). "PIA12570: Flying by the "Death Star" Moon". 
  6. Young, Kelly (11-02-2005). New Scientist, ed. "Saturn's moon is Death Star's twin". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]