Hersey Hawkins
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1966 (58 anos) Chicago, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Chicago | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | George Westinghouse College Prep (en) Bradley University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1988 - 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Clippers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Corey Hawkins | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Hersey R. Hawkins, Jr., nado en Chicago (Illinois) o 29 de setembro de 1966, é un antigo xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou na National Basketball Association (NBA).
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Hersey pasou catro tempadas na Universidade de Bradley. Na tempada 1987-1988, 36.6 puntos por partido, a marca máis alta na División I da NCAA, e foi escollido xogador universitario do ano do país. A súa carreira baloncestística na universidade foi moi exitosa. Antes de ser drafteado na NBA, foi membro da selección de baloncesto dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl xunto a outras once futuras estrelas da NBA, adestrados por John Thompson.
NBA
[editar | editar a fonte]Philadelphia 76ers
[editar | editar a fonte]Foi elixido na 6ª posición no Draft da NBA de 1988 polos Los Angeles Clippers, pero os seus dereitos foron traspasados inmediatamente aos Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos do seu antigo compañeiro das Olimpiadas de 1988, Charles Smith. Nos Sixers, "Hawk" foi a segundo opción de anotación por detrás de Charles Barkley. Hawkins foi escollido no segundo equipo de Rookies da NBA en 1989. En 1991, acadou 22.1 puntos por partido, e xogou o NBA All-Star Game. Nun partido contra os Orlando Magic, anotou 43 puntos, a mellor marca da súa carreira.
Charlotte Hornets
[editar | editar a fonte]En 1993, Hawkins foi traspasado aos Charlotte Hornets a cambio de Dana Barros, Sidney Green e eleccións do Draft. En 1994, colleu 14 rebotes, o maior número acadado na súa carreira, contra os Houston Rockets.
Seattle SuperSonics
[editar | editar a fonte]Tras dúas tempadas produtivas en Charlotte, Hawkins e David Wingate foron traspasados aos Seattle SuperSonics a cambio de Kendall Gill. En 1996, xogou un papel importante no equipo, sendo un bo complemento de Gary Payton, Detlef Schrempf e Shawn Kemp, nos Sonics que chegaron ás Finais da NBA, pero perderon por 2-4 contra os Chicago Bulls.
Na súa derradeira tempada en Seattle, gañou o premio ao xogador máis deportivo da NBA.
Chicago Bulls
[editar | editar a fonte]O 12 de agosto de 1999, Hawkins foi traspasado aos Chicago Bulls, pero a súa etapa dun ano en Chicago foi moi pobre debido ás lesións, e tan só fixo 7.9 puntos por partido en 61 encontros.
Regreso a Charlotte
[editar | editar a fonte]Chegou de volta a Charlotte coma axente libre no ano 2000, e retirouse no ano 2001, cun total de 14.470 puntos anotados na súa carreira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com
- Estadísticas da súa carreira Arquivado 25 de abril de 2013 en Wayback Machine.
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Charlotte Hornets
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers
- Nados en 1966
- Nados en Chicago, Illinois
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto