Heterocongrinos
Heterocongrinos Heterocongrinae | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Heteroconger hassi | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
A dos heterocongrinos (Heterocongrinae) é unha subfamilia que comprende dous xéneros de peixes pertencentes á familia dos cóngridos, que inclúen varias especies denominadas, na terminoloxía internacional, como heterocongros, anguías de xardín ou anguías tubícolas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Estes peixes pequenos, longos e delgados (máximo 40 cm de lonxitude e 15 mm de diámetro) teñen a particularidade de viviren medio enterrados nun tubo vertical escavado no fondo areoso, e de teren o corpo revestido dunha mucosidade secretada por uns órganos especiais secretores da pel do animal. Teñen a punta da cola modificada para asegurar que estean firmemente ancorados ao substrato, e nunca saen totalmente fóra do seu burato, mesmo nin para reproducírense. Os seus ollos posúen unha visión binocular. A súa liña lateral está modificada, e ao máis leve movemento da auga, agóchanse e no seu tobo. A cabeza proxéctase cara a adiante, e capturan o zooplancto traído polas correntes a través da boca situada cara a arriba. Viven en colonias (chamadas xardíns) e a miúdo chegan a reunírense nelas centos de individuos, xeralmente dispostos a distancias iguais entre si. Adoita ocorrer que os "xardíns" comprenden varias especies de diferentes heterocongros.[1][2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Estes peixes habitan nas augas cálidas dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico (incluínso o mar Caribe, e no mar Vermello.[1][2] As colonias estás situadas en fondos desde 1 m até máis de 300 m de profundidade. A nedida que se descende as colonias son máis grandes, pero son raras máis alá dos 200 m, xa que a luz é demasiado débil como para permitir que os heterocongros vexan ás súas presas.
As colonias dos heterocongros sempre están situadas en ladeiras areosas expostas á corrente, de modo que poden capturar constantemente ás súas presas, pero sempre ao abrigo das ondas.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os heterocongros teñen un modo de reprodución sexual. No abandonan xamais o seu tobo, nin para reproducirse. Cando desovan, os machos e as femias máis próximos entretecen os seus corpos e soltan os espermatozoides e os óvulos na auga. Unha vez fecundados, os ovos convértense de larvas leptocéfalas que, desde que alcanzan o estadio de xuvenís, se unen á colonia e crean os seus tobos na periferia, de maneira que o xardín está crecendo constantemente.
Clasificación: xéneros e especies
[editar | editar a fonte]A sufamilia comprende dous xéneros cun total de 35 especies:
Subfamila Heterocongrinae
Xénero Gorgasia Meek & Hildebrand, 1923
- Gorgasia barnesi Robison & Lancraft, 1984
- Gorgasia cotroneii D'Ancona, 1928
- Gorgasia galzini Castle & Randall, 1999
- Gorgasia hawaiiensis Randall & Chess, 1980
- Gorgasia inferomaculata Blache, 1977
- Gorgasia japonica Abe, Miki & Asai, 1977
- Gorgasia klausewitzi Quéro & Saldanha, 1995
- Gorgasia maculata Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959
- Gorgasia maculatus Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959
- Gorgasia naeocepaea Böhlke, 1951
- Gorgasia naeocepaeus Böhlke, 1951
- Gorgasia obtusa Garman, 1899
- Gorgasia preclara Böhlke & Randall, 1981
- Gorgasia punctata Meek & Hildebrand, 1923
- Gorgasia sillneri Klausewitz, 1962
- Gorgasia taiwanensis Shao, 1990
- Gorgasia thamani Greenfield & Niesz, 2004
Xénero Heteroconger Bleeker, 1868
- Heteroconger balteatus Castle & Randall, 1999
- Heteroconger camelopardalis Lubbock, 1980
- Heteroconger canabus Cowan & Rosenblatt, 1974
- Heteroconger chapmani Herre, 1923
- Heteroconger cobra Böhlke & Randall, 1981
- Heteroconger digueti Pellegrin, 1923
- Heteroconger enigmaticus Castle & Randall, 1999
- Heteroconger hassi Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959
- Heteroconger klausewitzi Eibl-Eibesfeldt & Köster, 1983
- Heteroconger lentiginosus Böhlke & Randall, 1981
- Heteroconger longissimus Günther, 1870
- Heteroconger luteolus Smith, 1989
- Heteroconger obscurus Klausewitz & Eibl-Eibesfeldt, 1959
- Heteroconger pellegrini Castle, 1999
- Heteroconger perissodon Böhlke & Randall, 1981
- Heteroconger polyzona Bleeker, 1868
- Heteroconger taylori Castle & Randall, 1995
- Heteroconger tomberua Castle & Randall, 1999
- Heteroconger tricia Castle & Randall, 1999
Galería
[editar | editar a fonte]-
Especie non identificada fotografada en Balí, Indonesia, en estado libre; todas as demais representadas son exemplares cativos en acuarios públicos.
-
H. hassi (Idem para as 8 fotos seguintes)
-
Unha especie do xénero Gorgasia: G. preclara
-
Idem
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Heterocongrinos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Heterocongrinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eichler, Dieter e Robert F. Myers (1997): Korallenfische Zentraler Indopazifik. Hambueg: Jahr Verlag. ISBN 3-86132-225-0.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Patzner, Robert A. e Horst Moosleitner (1999): Mergus Meerwasser-Atlas Band 6. Melle: Mergus-Verlag. ISBN 3-88244-116-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Heterocongrinae no ITIS.