Heteroglotónimo
O heteroglotónimo é o nome dado a unha lingua por parte de quen non a fala. Trátase dun exónimo para o nome dunha lingua.
Ao igual cós autoglotónimos poden chegar a ter valor despectivo, como no caso da lingua polaca para os alemanfalantes (Niemiecki, que significa orixinariamente "o mudo"), ou o caso da lingua asturiana, tamén coñecida como bable, termo que deriva do son onomatopeico "bla bla bla".
Hai certas linguas cun elevado número de heteroglogónimos de diferentes orixes léxicas, especialmente en casos de linguas de pequenas nacións indíxenas en contacto con outras nacións máis poderosas, de cuxa lingua adoita proceder o heteroglotónimo. Este é o caso do ostyak e vogul, nome dado en ruso á lingua mansi e lingua janti, dúas linguas urálicas.
Outras linguas con heteroglotónimos son o alemán (allemand en francés, Tysk en sueco, Niemiecki en polaco, tedesco en italiano e German en inglés) ou o italiano (Wloski en polaco).
O nome que en galego se lle dá á lingua alemá procede da antiga tribo xermánica dos alamanni, se ben os alemáns usan para referirse á súa lingua o autoglotónimo Deutsch.