Saltar ao contido

Hidroxenofiláceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hydrogenophilaceae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Betaproteobacteria
Orde: Hydrogenophilales
Familia: Hydrogenophilaceae
Xéneros

Hydrogenophilus
Thiobacillus

As hidroxenofiláceas (Hydrogenophilaceae) son unha familia da clase Betaproteobacteria e única familia da orde Hydrogenofilales[1], que comprende dous xéneros: Hydrogenophilus e Thiobacillus. Como todas as especies do filo Proteobacteria son gramnegativas. Hydrogenophilus é un xénero termófilo, que crece arredor dos 50 °C e obtén a súa enerxía oxidando o hidróxeno. Thiobacillus oxida o xofre.

As especies de Thiobacillus poden utilizarse para o control de pragas, como algunhas das que afectan ás patacas orixinando costras no tubérculo producidas por infeccións por Streptomyces. Se unha área afectada se trata con xofre e con bacterias Thiobacillus, estes microorganismos oxidarán o xofre a ácido sulfúrico, o cal acaba coa praga, xa que esta praga da pataca non pode tolerar condicións ácidas. Thiobacillus thioparus pode contribuír á formación de chuvia ácida por medio da oxidación de dióxido de xofre a ácido sulfuroso.

Hydrogenophilus thermoluteolus é un quimiolitoautótrofo facultativo que previamente se atopara só en fontes termais, pero que en 2004 foi illada tamén en mostras de cilindros de xeo extraídas de profundidades de ~3 km baixo a capa de xeo que cobre o Lago Vostok na Antártida.[2] A presenza destas bacterias termófilas no xeo suxire que probablemente existe un sistema xeotermal baixo as augas frías do Lago Vostok.

Especies obsoletas de Thiobacillus

[editar | editar a fonte]

Dentro da familia das hidroxenofiláceas, os maiores cambios taxonómicos tiveron lugar no xénero Thiobacillus, no cal varias especies foron pasadas a outros xéneros. O antigo xénero Thiobacillus foi redefinido de modo que agora só inclúe as especies consideradas betaproteobacterias. Outros antigos membros deste xénero foron transferidos ás gammaproteobacterias e están agora noutros xéneros:[3]

  1. "LPSN - Hydrogenophilales". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  2. Bulat, Sergey A. Bulat; Irina A. Alekhina, Michel Blot, Jean-Robert Petit, Martine de Angelis, Dietmar Wagenbach, Vladimir Ya. Lipenkov, Lada P. Vasilyeva, Dominika M. Wloch, Dominique Raynaud and Valery V. Lukin (August 2004). "DNA signature of thermophilic bacteria from the aged accretion ice of Lake Vostok, Antarctica: implications for searching for life in extreme icy environments". International Journal of Astrobiology 3: 1–12. doi:10.1017/S1473550404001879. Consultado o 2011-01-29. 
  3. Kelly, D.P., and Wood A.P. Reclassification of some species of Thiobacillus to the newly designated genera Acidithiobacillus gen. nov., Halothiobacillus gen. nov. and Thermithiobacillus gen. nov. Arquivado 05 de setembro de 2008 en Wayback Machine. Int. J. Syst. Evol. Microbiol. (2000) 50:511-516. PDF Arquivado 25 de maio de 2010 en Wayback Machine..