Hifoloma de lamelas verdes
Hifoloma de lamelas verdes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hifoloma en Galiza | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Hypholoma fasciculare' (Huds.:Fr.) P. Kumm. |
A hifoloma de lamelas verdes[Cómpre referencia] ou feixe de xofre[Cómpre referencia] (Hypholoma fasciculare) é un fungo basidomiseto da familia Strophariaceae.[1] Adoita aparecer en feixes ou grandes grupos, dende a primavera até o inverno, principalmente sobre tocos de coníferas.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Chapeu de hemisférico a plano-convexo, de até 7 cm de diámetro. Marxe excedente, incurvado, con restos do veo universal e gretado coa idade. Cutícula de cor amarela sulfurosa, coa zona central apardazada. O himenio está formado por lamelas apertadas e adherentes; presenta lamélulas. De cor amarela-sulfurosa ao principio, despois averdadas e por último pardo oliváceas a violáceas. O pé é cilíndrico, oco, fibriloso e curvado, de cor amarela; de 5 a 12 cm de lonxitude e de 0,5 a 1 cm de groso.
Hábitat e época de aparición do cogomelo
[editar | editar a fonte]É un fungo saprófito; medra sobre madeira morta e tocos de piñeiros, sobreiras e caxigos polo outono. É moi frecuente en Galiza nos piñeirais, especialmente no sur do país.
Comestibilidade
[editar | editar a fonte]É un fungo velenoso e moi tóxico, mais doado de identificar. A carne é amarelenta, de cheiro a iodo e sabor amargo.
- Ollo! Cómpre ter en conta que a inxesta de cogomelos pode ser mortal e polo xeral non son doados de identificar, sempre seguir as recomendacións dun experto.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Agaricus fascicularis Fr. 1821
- Agaricus fascicularis Huds. 1778
- Agaricus sadleri Berk. & Broome 1879
- Clitocybe sadleri (Berk. & Broome) Sacc. 1887
- Dryophila fascicularis (Fr.) Quél. 1888
- Dryophila fascicularis var. fascicularis (Fr.) Quél. 1888
- Geophila fascicularis (Fr.) Quél. 1886
- Hypholoma fasciculare (Fr.) P. Kumm. 1871
- Naematoloma fasciculare (Fr.) P. Karst. 1880
- Naematoloma fasciculare var. fasciculare (Fr.) P. Karst. 1880
- Pratella fascicularis (Fr.) Gray 1821
- Psilocybe fasciculare (Fr.) Kühner 1980
- Psilocybe fascicularis var. fascicularis (Huds.) Kühner 1980
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 04 de outubro de 2013.
- ↑ Grüner, H. y Grüner, R. (1986). Setas (en castelá). Barcelona, Cataluña: Editorial Blume. p. 290. ISBN 84-87535-11-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hifoloma de lamelas verdes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hifoloma de lamelas verdes |