High Energy Astronomy Observatory 3
HEAO 3 / High Energy Astronomy Observatory 3 | |
---|---|
HEAO 3 antes de ser lanzado. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 20 de setembro de 1979, 5:28 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas-Centaur[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 36B[2][6] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica no rango dos raios X e dos raios gamma.[2][6] |
Decaemento | 7 de decembro de 1981[1] |
NSSDC ID | 1979-082A |
Masa | 2666,0 kg[2][5][6] |
HEAO 3 (acrónimo de High-Energy Astronomy Observatory 3) foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 20 de setembro de 1979 mediante un foguete Atlas-Centaur desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]HEAO 3 formou parte dunha serie de tres observatorios espaciais adicados á observación no rango dos raios X e raios gamma, continuando o traballo feito por satélites como o ANS, os satélites das series OSO e SAS e os satélites Vela.[2][5]
A misión de HEAO 3 era facer unha exploración de todo o ceo en raios gamma e raios cósmicos. Foi lanzado cunha inclinación orbital máis alta que HEAO 1 e HEAO 2 debido a que estaba máis enfocado ó estudo dos raios cósmicos, que penetran mellor na magnetosfera terrestre cerca dos polos. Os obxectivos principais eran determinar a composición isotópica dos raios cósmicos con masas atómicas entre 7 e 56, buscar raios cósmicos formados por núcleos superpesados, de masas de ata 120, e estudar a intensidade, espectro e evolución temporal de fontes de raios gamma e X con enerxías entre 0,06 e 10 MeV.[2][5]
HEAO 3 foi inxectado nunha órbita inicial de 504 km de apoxeo e 485 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 43,6 graos e un período de 94,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de decembro de 1981.[1][3][6]
Experimentos
[editar | editar a fonte]HEAO 3 levaba a bordo catro experimentos:[2][5]
- Espectrómetro linear de raios gamma.
- Detector de núcleos pesados.
- Espectrómetro de escudo para raios gamma.
- Medidor de composición isotópica de raios cósmicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (27 de marzo de 2013). "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 10 December 1979 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (79-38784): 3. 18 de decembro de 1979. Consultado o 26 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "HEAO" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: High Energy Astronomy Observatory 3 |