Highland Clearances


Highland Clearances ("limpeza" das Highlands) en inglés e Fuadach nan Gàidheal (expulsión dos gaels) en gaélico escocés, foi un desprazamento forzado da poboación das Highlands, principalmente entre 1750 e 1860. Este desprazamento provocou unha migración masiva cara aos Lowlands e cara ao estranxeiro. Estas "limpezas" formaron parte dun cambio xeral no sistema agrícola do Reino Unido, pero este desprazamento en concreto, pola súa cronoloxía tardía, a ausencia de protección legal para os arrendatarios a curto prazo baixo as leis escocesas, a ruptura brusca co sistema de clans anterior, así como a brutalidade de moitas das ordes de expulsión, fixeron das Highland clearances un evento traumático que adquiriu notoriedade.[1]
Os procesos que despoboaron as zonas rurais do sur de Escocia durante a Revolución agrícola británica coñécese como Lowland Clearances, pero o efecto sobre a zona setentrional de Escocia -na que se falaba en gaélico escocés e mantíñase a cultura semifeudal dos clans- produciu a aparición de protestas e de resentimento por parte dos descendentes dos que foron obrigados a emigrar, ou ben obrigados a subsistir nos suburbios das cidades ou en pequenas zonas marxinais (transformados en crofters, arrendatarios de pequenos terreos, e traballando para os terratenentes en condicións infrahumanas).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Les Highland Clearances ou Evictions, sitio digital 'Assemblée Celtique, Portail du Monde Celte', 4 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Highland Clearances ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en inglés) Paul Basu, Narratives in a Landscape: Monuments and Memories of the Sutherland Clearances, artigo sobre a paisaxe dos Clearances, sitio 'BT Internet', 1997.
- (en inglés) The Highland clearances: A brutal legacy of the late 18th and early 19th centuries is still etched in the minds of the people of the Highlands today, 27 de setembro de 2007.
- (en inglés) Abandoned Communities ..... the clearance of Strathnaver from 1814–1819, sitio dixital 'Abandoned Communities'.
- (en inglés) Steve Blamires, The Highland Clearances: An Introduction, sitio 'Clannada na Gadelica', maio de 2008.
- (en inglés) The Highland Clearances, artigo de Thomas Devine, publicado en Refresh nº 4, primavera de 1987.