Higinio Fernández de la Vega Pasarín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1862 Vilariño, España |
Morte | 7 de xullo de 1948 (85/86 anos) Friol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | notario, escritor |
Familia | |
Fillos | Celestino Fernández de la Vega |
Irmáns | Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Higinio Fernández de la Vega Pasarín, nado en Vilariño (Castroverde) en 1862 e finado en Friol[1] o 7 de xullo de 1948[2], foi un notario e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Fernández de la Vega e irmán de Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín. Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1886. Colaborou en El Regional e El Norte de Galicia. Exerceu a avogacía en Castroverde, onde foi xuíz municipal. E 1889 pasou a administrador de Rendas pública de Ribadeo. En 1895 ingresou no corpo de notarios, e foi notario no concello de Friol. Baixo o pseudónimo de Pepe das Festas ou ben coa súa sinatura, publicou múltiples poemas en A Monteira e outras publicacións.
Casou con Ángela Pardo Saavedra e foi pai de oito fillos, entre eles Celestino Fernández de la Vega.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "Fernández de la Vega, Higinio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 72.
- ↑ Necrolóxica en La Noche, 7-7-1950, p. 6.
- ↑ López Vázquez, J. Ramón (2007). Celestino Fernández de la Vega: pensador do novo galeguismo Arquivado 07 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. p. 11. CIRP. ISBN 978-84-453-4476-7.
- ↑ Arias Gómez, Noelia (2017). Celestino Fernández de la Vega e as súas publicacións no diario lucense El Progreso Arquivado 07 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. p. 3. Facultade de Humanidades. USC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os Fernández de la Vega (2008) terrasdefriol.blogspot.com
- Xenealoxía Arquivado 02 de decembro de 2013 en Wayback Machine.