Hiperplasia ductal atípica
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Atypical_ductal_hyperplasia_-_very_low_mag.jpg/240px-Atypical_ductal_hyperplasia_-_very_low_mag.jpg)
A hiperplasia ductal atípica é o termo usado para unha lesión benigna da mama que indica un risco crecente de Cancro de mama.[1] O nome é descritivo da lesión; a HDA é caracterizada por proliferación celular (hiperplasia) dentro dun ou máis ductos mamarios e anormalidades histolóxicas, isto é, células dispostas de forma anormal ou atípica. A HDA é xeralmente asintomática e só acostuma ser detectada nunha mamografía de rastrexo e confirmada por biopsia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Understanding Breast Changes - National Cancer Institute". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2018.