Hipoxia
Aparencia
![]() | Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
Hipoxia pode referirse esencialmente a:
- Hipoxia (medicina), condición patolóxica na que unha parte do corpo ou todo o corpo está privada dunha subministración de oxíxeno suficiente
- Hipoxia (medio ambiente), contido de oxíxeno reducido no aire ou na auga (zona do mar, lago etc) prexudicial para os organismos aerobios.
Outros usos relacionados son:
- Hipoxia autoerótica ou asfixia erótica, restrición intencionada de oxíxeno ao cerebro para procurar unha maior excitación sexual
- Hipoxia cerebral ou anoxia cerebral, condición debida á redución da subministración de oxíxeno ao cerebro
- Hipoxia de difusión ou efecto Fink, un factor que inflúe na presión parcial de oxíxeno nos alvéolos pulmonares
- Hipoxia histolóxica, incapacidade das células de captar ou utilizar o oxíxeno do torrente sanguíneo
- Hipoxia hipoxémica ou hipoxemia, deficiencia de oxíxeno no sangue arterial
- Impulso hipóxico, un impulso respiratorio no cal o corpo usa quimiorreceptores do oxíxeno para regular o ciclo respiratorio
- Hipoxia hipóxica, o resultado de haber insuficiente oxíxeno dos pulmóns
- Hipoxia intrauterina, situación na que o feto é privado dunha adecuada subministración de oxíxeno
- Hipoxia latente ou "apagón" de augas profundas, perda de consciencia que se pode producir cando os mergulladores a pulmón libre ascenden desde gran profundidade
- Pseudohipoxia, incremento da proporción citosólica de NADH libre con respecto ao NAD+ nas células
- Hipoxia en tumores ou tumoral, situación nas que as células dun tumor están privadas de oxíxeno suficiente.