Hippoglossina oblonga
Hippoglossina oblonga Paralichthys oblongus Rapante de catro ollos | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Hippoglossina oblonga (Mitchill, 1815) [1] |
Hippoglossina oblonga é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,[1] coñecida en galego como rapante de catro ollos.[2]
Esta especie foi situada no xénero Paralichthys por algunhas autoridades.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi definida en 1815 polo médico e naturalista estadounidense Samuel Latham Mitchill, co nome de Pleuronectes oblongus, polo que se coñece polos sinónimos:[1]
- Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815) e
- Pleuronectes oblongus Mitchill, 1815)
Por outra parte, varios autores sitúan a especie dentro do xénero Paralichthys, polo que tamén e coñece con nome Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815).
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]Como o maioría dos peixes planos sinistros (os que teñen ambois os ollos no lado esquedo do corpo) pode cambiar a coloración do lado pigmentado para imitar o do fondo circundante, e tamén é capaz de escavar rapidamente en fondos lamacentos ou areosos.
A parte posterior do corpo, de cor que pode variar en xeral parda clara a gris escura, está marcada por catro grandes e conspicuas manchas negras cos bordos dunha cor moito máis clara, a xeito de "ollos", dúas delas situadas en cada marxe do corpo, ao que alude o seu nome vulgar "de catro ollos" en varias linguas.[4]
Os dentes son afiados e están ben desenvolvidos.
O lado cego é de cor rosada pálida, case transparente en certas áreas.
Datos recollidos dos arrastreiros de pesca suxiren que os adultos miden por termo medio entre os 25 e os 30 cm de lonxitude, sendo probabelmente o seu tamaño máximo duns 40 cm.
Os adultos son depredadores, sobre todo piscívoros, comendo calquera peixe pequeno bentónico, e tamén cefalópodos.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Habita en fondos areosos e fangosos, a profundidades de polo menos 20 m, até o bordo da plataforma continental. A súa área de dispersión vai dende o golfo de Maine e, quizais, como límite norte, as costas da Nova Escocia, até as da Florida. As migracións e a reprodución desta especie son pouco coñecidas.
Pesca
[editar | editar a fonte]O rapante de catro ollos péscase na zona pesqueira 21 (noroeste do Atlántico),[2] onde o apañan os arrastreiros. Debido ao seu pequeno tamaño e a súa escaseza cerca da costa non é aprezado ou incluso coñecido polos pescadores deportivos, que a miúido poden confundilo co seu parente Paralichthys dentatus (o rapante de verán),[2] co que comparte área de distribución, aparencia e hábitos alimentarios. Porén, pode distinguirse del, á parte polos catro "ollos", tamén pola súa forma un pouco máis alongada e polos ollos "auténticos" proporcionalmente maiores. A súa carne é branca e de sabor moi suave, semellante ao do rapante de verán e a de Paralichthys lethostigma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Hippoglossina oblonga (Mitchill, 1815) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80. (Citada como Paraichthys oblongus).
- ↑ Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2014): Hippoglossina oblonga en FishBase.
- ↑ Castelán: falso halibut de cuatro ocelos; francés: cardeau à quatre ocelles; galego: rapante de catro ollos; inglés: four-spot flounder; portugués: carta-de-quatro-olhos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8,
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Scott, W. B. & M. G. Scott (1988): Atlantic fishes of Canada. Toronto, Ontario, Canadá: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-5712-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hippoglossina oblonga no SIIT.
- Hippoglossina oblonga en ADW.
- Hippoglossina oblonga en Encyclopedia of Life.