Saltar ao contido

Hiroyuki Oki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHiroyuki Oki
Nome orixinal(ja) 大木裕之 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , videógrafo , realizador Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLight Cone Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0645619 Allmovie: p190607 Editar o valor em Wikidata

Hiroyuki Oki, nado o 23 de marzo de 1964 en Toquio (Xapón), é un arquitecto, cineasta experimental e actor, coñecido por Anata-ga suki desu, dai suki desu (1994), 3+1 (1997) e Kokoro no naka (1998).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hiroyuki Oki licenciouse en arquitectura antes de decidir estudar cinema na escola de cinema de Toquio. En 1991 mudouse a Kochi.[2]

Para el, arquitectura e cinema son maneiras complementarias de artellar os espazos sociais: os filmes xeran espazos e a arquitectura xera imaxes.[3] Ten proxectado os seus filmes en forma de instalacións multipantalla, con acompañamento musical en directo.[4]

O seu cinema móvese entre o documental experimental e o narrativo, en moitos casos con temática sexual, hetero e LGTBIQ+, que roza a pornografía. Yuuei kinnshi (1989) gañou o premio especial do xurado no Image Forum Festival en 1990. Outras películas súas como Tarch Trip (1993), Tengoku no muttsu no hako (1996) (producida polo museo de Arte de Kochi e gañadora do Premio NETPAC no Festival de Berlín), e 3+1 (1997) participaron en festivais internacionais.[2]

As súas películas están filmadas en 8mm, 16mm e vídeo. O seu primeiro filme rodado en 35mm foi Anata-ga suki desu, dai suki desu (1994).[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Tadashii yokubou (1984)
  • Tada no fuukei (1985), curta
  • Idou kyoushitsu (The Traveling Schoolroom, 1986), curta
  • Hachikou sen transition (1988), curta
  • Rei structure (1988), curta
  • Shijuu hatte (1988), curta
  • Suita I (1988), curta
  • Matsumae-kun no eiga (1989)
  • Yuuei kinnshi (Swimming Prohibited, 1989)
  • Geshi no ko (1990), curta
  • Kansen (1990)
  • Matsumae-kun ni narutemo eiga (1990)
  • Matsumae-kun no tame no eiga (Buddy Matsumae, 1990)
  • Suita II (1990), curta
  • Fuukei no jubi (1991)
  • Irokaze (Color Wind, 1991), curta
  • Kagamiga wa zoino gaadoreeru (1991), curta
  • Koukeidori (Landscape Catching, 1991), curta
  • Rankiryuu (1991), curta
  • Shujinkou (1991), curta
  • Irome (Color Eyes, 1992), curta
  • Matsumae-kun no senritsu (Melody for Buddy Matsumae, 1992)
  • Tarch Trip (1993)
  • Rokugatsu no Kuchibiru (The Lips of June, 1993), curta
  • Anata-ga suki desu, dai suki desu (I Like You, I Like You Very Much, 1994)
  • Tachi torippu (Tarch Trip, 1994)
  • Dôkutsu (1994), curta
  • Ekusutashi no namida: Chiin (Tears of Ecstasy, 1995)
  • Tengoku no muttsu no hako (Heaven-6-Box,1996)
  • Tama asobi (1996)
  • 3+1 (1997)
  • Kokoro no naka (Inside the Mind,1998)
  • Yûshô (Yusho-Renaissance, 1999)
  • Damama (2010), curta
  • Between Yesterday & Tomorrow Omnibus 2011-2012 (segmentos Maybe, Sei, Dragon X Oni) (2012)
  • Creation Of A Single Powder Painting (2013), curta
  • Mitsumetsutsuyumi (150307 MIX) (2011-2015)
  • Toshi shi (2020), curta

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hiroyuki Oki". IMDb. 
  2. 2,0 2,1 "Hiroyuki Oki". Light Cone. 
  3. "Artist Interview: Hiroyuki Oki". Walker. 
  4. 4,0 4,1 "Hiroyuki Oki". TMDB.