Hispania SL
Hispania S.L. | |
---|---|
![]() Logo na fachada da fábrica. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1934 (peche en 1986) |
Localización | Ferrol ![]() |
Fundador | Alberto Fernández Martín |
Industria | Material de escritorio |
Produtos | Lapis, bolígrafos |
Número de empregados | 400 (anos 1950) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hispania SL foi unha fábrica de lapis e material de escritorio fundada en Ferrol polo empresario ferrolán Alberto Fernández Martín que tiña tamén a empresa de redes Defer, a de bolígrafos Bolfer e a téxtil Textilfer[1].
Historia
[editar | editar a fonte]Alberto Fernández Martín era representante de material de escritorio e vendo as posibilidades de negocio decidiu fundar a empresa xunto con outros socios: José Andrés Vázquez, Benito Alvariño, Eusebio Pérez del Hierro, Esteban Ramil, Antonio Veiga e Luis de la Muela. Situaron a fábrica no barrio ferrolán de Ferrol Vello, preto do porto de Ferrol.
Nos seus inicios contrataron ao técnico alemán Johann Sindel, que se fixo cargo da dirección da produción e que deu nome a algúns dos seus produtos máis coñecidos. Na década de 1950 iniciaron a produción de bolígrafos. Os anos 1960 e 1970 foron de crecemento da empresa, ata a apertura do mercado español a produtos foráneos, o que supuxo a perda de mercado. A necesidade de actualizar e modernizar a empresa nunca se fixo xa que o mercado estaba a trocar preferindo outros produtos como bolígrafos de cores e portaminas.
Hispania estivo aberta ata 1981. O peche definitivo foi en 1986, cando se tomou a decisión de disolver a sociedade, foi liquidada e vendidas as instalacións. A principios de 2012 derrubouse a vella fábrica de estilo modernista, que xa estaba en ruína.
Marcas
[editar | editar a fonte]
Hispania vendía os seus produtos baixo diversas marcas e formatos. O seu logo eran dúas figuras humanas coas mans entrelazadas[2] :
- Hispania
- Johann Sindel[3]
- Mercantil
- Competidor
- Plumas de aceiro
- Peites de caucho
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Urban Idade (ed.). "Posts etiquetados ‘Lapices Hispania’". Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ pencilvaniablog (ed.). "Herr Johann Sindel: un alemán muy "Hispaniol"". Consultado o 7 de outubro de 2013.
- ↑ Truby, Bob. "Johann Sindel". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2013.