Historia do Brasil
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2018) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Historia do Brasil | |
Mapa dos confins do Brasil de 1749 | |
Historia | Brasil |
Cronoloxía | Cronoloxía do Brasil |
Categoría | Historia do Brasil |
Prehistoria | |
Prehistoria do Brasil | |
Idade Antiga | |
Historia antiga do Brasil | |
-II milenio | |
-1400 - -800: Florece a cultura marayó. | |
Idade Media | |
Historia precolonial do Brasil | |
Idade Moderna | |
Historia moderna do Brasil | |
Século XV | |
1494: Tratado de Tordesillas. 1500: Descubrimento e colonización do Brasil. | |
Século XVI | |
1517: Creación das capitanías do Brasil. 1549 - 1815: Estado do Brasil. | |
Idade Contemporánea | |
Historia contemporánea do Brasil | |
Século XIX | |
1815 - 1822: Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve 1822: Independencia do Brasil. Imperio do Brasil 1889-1930: República Vella do Brasil. | |
Século XX | |
1930 - 1946: Era Vargas 1946 - 1964: República Populista do Brasil 1964 - 1967: Ditadura militar no Brasil 1985: República Nova do Brasil. |
A historia do Brasil abrangue a historia do Brasil e a dos seus estados antedecesores. Adoita dividirse en catro períodos xerais: o Predescobrimento (até 1500), a Colonia (1500 a 1822), o Imperio (1822 a 1889) e República (de 1889 á actualidade).
Prehistoria
[editar | editar a fonte]Entre as hipóteses máis aceptadas para a colonización das Américas está a que establece que a migración principal foi a de elementos mongoloides de Asia en vagas sucesivas, a través do estreito de Bering. Admítese tamén unha inmigración menor, equivalente a 1 - 2% que viría de Melanesia ou Sueste Asiático a través do Océano Pacífico.
Supoñendo a marcha de 1 km/ano, para saír de Alasca e chegar a Santarén (PA), no Brasil, terían que percorrer unha distancia aproximada de 20 000 km, levando polo menos 20 000 anos no traxecto.
Sitios arqueolóxicos brasileiros moi antigos foron atopados dende San Raimundo Nonato no Piauí (de hai aproximadamente 42 000 anos) até a rexión dos pampas (con máis de 10 000 anos). Nesa última rexión xa foron mesmo achados fragmentos de ósos dun Megaterio, con aparentes marcas da acción humana.
Na América do Norte existen evidencias máis concretas do contacto destes primeiros habitantes americanos coa paleofauna da rexión, como as puntas de frechas de Clóvis e de Folson (nos Estados Unidos), datadas hai uns 17 000 anos.
A aparente contradición entre a data de migración pola Berinxia e a idade do home máis vello na América do Sur remítenos ás hipóteses dunha extensión do poboamento a partir das illas do Pacífico, talvez vidos de África, ou a erros técnicos de datación do material do Piauí. Aínda, no Brasil, ademais dos restos do Piauí, hai tamén un antiquísimo conxunto atopado na rexión de Lagoa Santa (Minas Xerais), posiblemente os representantes do antigo grupo lingüístico do país -Macro Gê-, cuxos descendentes máis próximos hoxe serían os indios cariris e botocudos.
Unha descuberta interesante dese posible contacto son os deseños/debuxos da Toca do Boqueirón, no Sítio da Pedra Furada, tamén no Piauí, que parece representar unha escena de ataque dos terríbeis felinos que xa habitaran o continente suramericano.
A concepción dos actuais indios que habitan a rexión nordeste do país por exemplo dos cariris, a pesar de estar bastante modificada, aínda pode constituírse nun elemento útil para descifrarmos esas representacións como unha estratexia conxectural. Unha interpretación sobre os deseños/debuxos da figura humana deses pobos revela unha sorprendente complexidade que pode moi ben corresponder a un mapa das sensacións corporais e/ou unha concepción de corpo e espírito. Os encantados son descritos polos cariris en xeral como homes descomunais, feroces e implacábeis, de facción ruda e ollos esbugallados, verdadeiramente aterrecedores, segundo o antropólogo Nascimento, que estudou na súa tese para Mestrado na Universidade Federal de Baía os rituais e identificación étnica dos indios do nordeste, en partir as concepcións dun grupo actual, os cariris de Mirandela (BA) en 1994.
Segundo ese autor, tamén caracterizan o "xentío bravo" ou seus antepasados que aínda viven no mato.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]A chegada dos europeos
[editar | editar a fonte]O Brasil foi coñecido polos europeos en 1500 cando Pedro Álvares Cabral, un navegante portugués, supostamente estaba procurando un novo camiño para as Indias. En 1822, libertouse do dominio da coroa portuguesa e pasou a ser un imperio até ó ano de 1889, en que Don Pedro II, último emperador do Brasil, foi deposto e foi declarada a república. Do ano de 1964 ata 1984, o Brasil foi gobernado por unha ditadura militar e, actualmente, é novamente unha república democrática.
Período Pre-Descubrimento
[editar | editar a fonte]O Brasil, cando foi descuberto polos europeos en 1500, estaba habitado por millóns de indios, que habitaban o país do norte ó sur. A poboación amerindia brasileira estaba dividida en grandes nacións indíxenas, de varios grupos étnicos. Destácanse os grupos guaraní, tupiniquins e tupinambas.
Do lado europeo, a descuberta do Brasil foi simultaneada con varios Tratados entre Portugal e España, establecendo límites e dividindo o mundo, descuberto e por descubrir.
Destes, o Tratado de Tordesillas (1494) é, de lonxe, o máis importante, por definir a porción que correspondía a Portugal do Brasil durante boa parte do período en que o mesmo foi colonia portuguesa. Establecía este tratado as terras que, ó leste do Meridiano de Tordesillas, serían posesión do rei de Portugal. Este meridiano pasaba a 370 légoas mariñas a oeste de Cabo Verde.
Descubrimento
[editar | editar a fonte]Pedro Álvares Cabral era o capitán da escuadra que partiu de Portugal a procura dun camiño seguro para as Indias, contornando África. A certa altura da viaxe, tendo pasado xa as Illas Canarias, a frota de Cabral desvíase para oeste, co pretexto de desviarse dunha parte do océano Atlántico coñecido polas calmas, ou ausencia de vento. Existe algunha controversia sobre o motivo real do desvío para Oeste, unha vez que algunhas fontes suxiren evidencias de que os portugueses xa terían vido ó Brasil polo menos catro anos antes.
Unha pequena rectificación: Pedro Álvares Cabral non procuraba un camiño seguro para a India, porque este xa era coñecido, tendo sido percorrido pouco antes pola armada de [Vasco da Gama]. A frota de Cabral desviouse para Oeste para fuxir da corrente ascendente do golfo de Guinea. Aliás, seria exactamente ese gran desvío que os navios estaban obrigados a facer que tería dado aos navegadores os indicios da existencia de terra naquela dirección. É hoxe case certo que a frota de Cabral tiña como incumbencia primordial localizar esa terra e reclamala para a coroa portuguesa ao abrigo do tratado de Tordesillas. Dase como unha das probas diso mesmo o feito dun dos navíos ter regresado de inmediato para dar a novidade ao Rei, en tanto que os restantes seguían para a India; ben como o feito de seguir un home na frota, Pero Vaz de Caminha coa misión de elaborar unha descrición detallada da terra descuberta, a Carta do Achamento do Brasil.
De calquera xeito, o 22 de abril Pedro Álvares Cabral nomeou como Illa de Vera Cruz a terra que tiña descuberto, pois pensou tratarse dunha illa. O local en que Cabral aportou é coñecido como Porto Seguro, en Bahia.
No ano de 1501, unha nova expedición atopou como recurso explorable apenas o pau-brasil, madeira vermella moi requirida na época, o que tamén deu o nome ao Brasil. No 1503 houbo nova expedición, desta vez comandada por Gonzalo Coelho, mais non houbo ningún asentamento portugués.
En 1530 foi enviada ó Brasil a expedición de Martim Afonso de Souza, cos obxectivos de explorar a costa, expulsar os franceses e establecer núcleos de colonización. Foron fundados por esta expedición os núcleos de San Vicente e São Paulo.
Colonia
[editar | editar a fonte]A coroa portuguesa recoñeceu que non posuía recursos para administrar o Brasil e estabelece o sistema de Capitanías Hereditárias, unha división de lotes do Brasil, que foron doados a quen tivera interese en investir e administrar os mesmos. Das 15 capitanías orixinais, apenas as capitanías de Pernambuco e São Vicente prosperaron.
No período colonial, o Brasil sofre invasións francesas e neerlandesas que foron derrotadas após loitas (véxase invasións holandesas no Brasil e invasións francesas no Brasil).
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]Reino Unido a Portugal
[editar | editar a fonte]No 1808 as tropas de Napoleón Bonaparte obrigaron á coroa portuguesa a procurar abrigo no Brasil. Coa chegada de D. João VI a Río de Xaneiro, o Brasil é elevado á condición de Reino Unido de Portugal e Algarves. Os portos brasileiros son abertos as nacións amigas, e unha serie de melloras foron introducidas no Brasil, como a Imprensa Nacional. Tamén a elección de representantes brasileiros para as Cortes Constitucionais Portuguesas. É desta época a fundación do Banco do Brasil.
Primeiro Imperio
[editar | editar a fonte]Tras a declaración da independencia, o Brasil foi gobernado por Don Pedro I ata o ano de 1831, cando foi forzado a abdicar en favor do seu fillo, D. Pedro II, entón con 5 anos.
Período Rexencial
[editar | editar a fonte]Durante o período de 1831 a 1840, o Brasil foi gobernado por diversos rexentes, encargados de administrar o país entanto o herdeiro do trono, D. Pedro II, aínda era menor.
Destácanse neste período a inestabilidade política e a actuación do titor Xosé Bonifácio, que garantiu o trono para D. Pedro II.
Iniciouse neste período a Revolución Farroupilla, na que os gauchos revoltáronse contra a política interna do Imperio, e declararon a República Piratini.
Segundo Imperio
[editar | editar a fonte]O Segundo Imperio ten inicio co Golpe da Maioridade. A partir do mesmo, o Brasil é gobernado por D. Pedro II, coa axuda de José Bonifácio.
Este período destácase por varios eventos importantes. En 1845 a Revolución Farroupilla foi cerrada, coa sinatura do Tratado de Ponche Verde. Outro evento importante, que acabou custando o trono á familia de D. Pedro II, foi a abolición da escravitude.
Liberación dos escravos
[editar | editar a fonte]O 28 de setembro de 1871 o Parlamento Brasileiro aprobou e a Princesa Isabel, na época rexente do Brasil, asinou, a Lei do Ventre Livre, que determinaba que, a partir daquel momento, todos os fillos de escravos eran considerados libres.
O 13 de maio de 1871, a Princesa Isabel asinou a Lei Áurea, que xa fora aprobada polo Parlamento, abolindo toda forma de escravitude no Brasil. O Brasil foi o último país das Américas a abolir a escravitude.
A abolición da escravitude desagradou ás oligarquías rurais, que pasaron a apoiar con máis empeño o movemento republicano, entón en plena acción.
República Vella
[editar | editar a fonte]O 15 de novembro de 1889, o Mariscal Deodoro da Fonseca declarou o fin do período imperial e o inicio do período republicano, destituíndo o último emperador brasileiro, D. Pedro II, que tivo que partir ó exilio a Europa.
Os presidentes que seguiron son:
- 1889 - Goberno temporal do Mar. Deodoro da Fonseca.
- 1891 - Elixido o Mar. Deodoro da Fonseca. Seu vicepresidente é o Mar. Floriano Peixoto.
- 1894 - Prudente José de Morais e Barros.
- 1898 - Manuel Ferraz de Campos Sales.
- 1902 - Francisco de Paula Rodrigues Alves.
- 1906 - Afonso Augusto Moreira Pena (morreu durante o mandato).
- 1906 - Nilo Pecanha (vice de Afonso Pena, asumiu no seu lugar).
- 1910 - Mar. Hermes Rodrigues da Fonseca.
- 1914 - Venceslau Bras Pereira Gomes.
- 1918 - Francisco de Paula Rodrigues Alves (morreu antes de asumir).
- 1918 - Delfim Moreira da Costa Ribeiro (vice de Francisco Alves, asumiu no seu lugar).
- 1919 - Epitácio da Silva Pessoa.
- 1922 - Arthur da Silva Bernardes.
- 1926 - Washington Luis Pereira de Souza (deposto pola revolución de 1930).
- 1930 - Xunta de Goberno - Gal. Augusto Tasso Fragoso, Gal. Joao de Deus Mena Barreto, Alm. Isaías de Noronha.
Século XX
[editar | editar a fonte]Ditadura do Estado Novo
[editar | editar a fonte]No 1930, a Xunta de Goberno foi substituída por Getúlio Dorneles Vargas, como Presidente do Goberno Provisorio. Foi elixido presidente pola Asemblea Constituínte. En 1937 creou o Estado Novo, e foi presidente ata 1945, cando foi deposto.
Segundo Período Democrático
[editar | editar a fonte]Este período iníciase coa renuncia de Getúlio Vargas, en outubro de 1945. O seu vicepresidente, o General Eurico Gaspar Dutra, é o próximo presidente elixido. En 1946 é promulgada unha nova Constitución, máis democrática que a anterior, restaurando dereitos individuais.
En 1950, Getúlio Vargas é elixido Presidente, novamente. Durante o seu goberno creouse Petrobrás. No 1954, Getúlio Vargas suicídase, e Juscelino Kubitschek é elixido o presidente o ano seguinte.
No 1960, Kubitschek inaugura Brasilia, a nova capital do Brasil.
En 1961, Janio Quadros asume a presidencia, mais renuncia en agosto do mesmo ano. Seu vicepresidente, João Goulart, goberna ata 1964, con constantes problemas creados pola oposición de dereita (parte do empresariado, sectores militares e da clase media) ó seu goberno, debido ó seu forte nacionalismo. A dereita acusaba Goulart de simpatizar co comunismo.
Ditadura militar
[editar | editar a fonte]Os gobernos de Xoán Goulart están marcados por inflación alta, parón económico e unha forte oposición das forzas armadas. O 31 de marzo de 1964 as Forzas Armadas dan un Golpe Militar, destituíndo a Xoán Goulart. Os líderes do golpe escolleron como presidente ó xeral Humberto Castello Branco, seguido polo Xeral Arthur da Costa e Silva (1967-1969), o xeral Emilio Garrastazu Medici (1968-1974), e o xeral Ernesto Geisel (1974-1979). Entre as características do golpe militar, destácanse a supresión dos dereitos constitucionais e unha forte censura da prensa.
En 1965, todos os partidos políticos son declarados extintos, e dáse comezo á represión política. Soamente eran permitidos dous partidos, a ARENA (Alianza Renovadora Nacional) e o MDB (Movemento Democrático Brasileiro).
No 1967 é aprobada a 6ª Constitución Brasileira polo Congreso, institucionalizando o golpe, e establecendo eleccións indirectas para Presidente. O Congreso, constituído apenas por políticos que recibiran permiso para participar da elección para Deputado Federal, elixen o Presidente.
No mesmo ano de 1967, o xeral Arthur da Costa e Silva asume a presidencia e, en decembro de 1968, fecha o Congreso e decreta o Acto Institucional nº 5, o infame AI-5, que lle dá o dereito de fechar o Parlamento, suprimir dereitos políticos así como o dereito de habeas-corpus. Neste período intensifícase a loita armada nas cidades e no campo contra o goberno militar.
No 1969, o xeral Emilio Garrastazu Médici é o Presidente, e comanda o período máis sanguento da Ditadura Militar, coa máis forte represión, con persoas presas, torturadas, exiliadas ou asasinadas polo Estado. Centenares de persoas desapareceron neste período. Ao mesmo tempo, ocorre o Milagre Brasileiro, un período de crecemento do PIB.
En 1974, o xeral Ernesto Geisel asume a Presidencia, tendo que enfrontar grandes problemas económicos, causados pola débeda externa creada polo goberno Médici, e agravados pola crise internacional do petróleo e unha alta taxa de inflación.
O xeral Geisel iniciou a apertura democrática que foi continuada polo seu sucesor, o xeral Xoán Baptista de Oliveira Figueiredo (1979-1985). Figueiredo non só permitiu o retorno de políticos exiliados ou apartados das actividades políticas durante os anos 60 e 70, senón que tamén permitiu que se presentaran nas eleccións de gobernadores dos estados en 1982. Tamén permitiu, despois de 1979 que xurdisen outros partidos. Así, rexurdiu o PTB (Partido Traballista Brasileiro) e xurdiron o PDT (Partido Democrático Traballista) e o PT (Partido dos Traballadores). A antiga Arena, partido pro-goberno militar, tornouse PDS (Partido Democrático Social) e o MDB tornouse PMDB (Partido do Movemento Democrático Brasileiro).
O período termina coas eleccións indirectas para presidente en 1984, con Paulo Maluf concorrendo polo PDS e Tancredo Neves polo PMDB. Foron as últimas eleccións indirectas, e foi elixido Tancredo Neves, pero non asumiu o mandato, pois ficou doente na véspera da posesión.
Terceiro Período Democrático - Redemocratización
[editar | editar a fonte]O primeiro presidente civil elixido deste o golpe militar de 1964 foi Tancredo Neves. Morreu antes de asumir, deixando o vicepresidente, José Sarney, no goberno por 5 anos.
Fernando Collor de Mello foi elixido en 1989, na primeira elección directa para Presidente da República dende 1964. O seu goberno perdurou ata 1992, cando sufriu proceso de "impeachment". O vice-presidente, Itamar Franco, asume o seu posto.
No goberno de Itamar Franco é posto en marcha o Plan Real, articulado polo seu Ministro da Facenda, Fernando Henrique Cardoso. O Goberno Itamar Franco contou coa presenza de varios senadores como ministros. Historiadores chegan a clasificar este fenómeno como unha especie de "parlamentarismo branco". Un dos senadores, Fernando Henrique Cardoso, articulou a base partidaria de apoio para a súa elección. En principio tivo o apoio do entón presidente Itamar, un rompemento entre os dous ocorreu durante o primeiro mandato do Presidente Cardoso.
O terceiro presidente, Fernando Henrique Cardoso, foi elixido en 1994 e reelixido en 1998. Fernando Henrique cumpriu dous mandatos e transmitiu, democraticamente, a franxa presidencial ó seu sucesor no 1 de xaneiro de 2003. O entón presidente Itamar Franco foi elixido, polo PMDB, gobernador do estado de Minas Xerais, nas eleccións de 1998 e non se presentou á reelección, na que o candidato apoiado por el, o deputado Aécio Neves, foi elixido na primeira quenda. O goberno de Aécio Neves comezou marcado por profundas transformacións na estrutura administrativa do estado, con vistas a adecualo á Lei de Responsabilidade Fiscal.
Século XXI
[editar | editar a fonte]O Presidente Fernando Henrique tentou manter a base aliada de partidos para as eleccións presidenciais de 2002, o que non foi posible. A alianza PSDB-PMDB-PFL-PTB perdeu os dous últimos partidos. O segundo apoiou a Ciro Gomes e o PFL non lanzou candidatos á presidencia da República. Lula e Serra disputaron a segunda quenda en 2002. O candidato Lula, do PT foi elixido presidente do Brasil con aproximadamente o 61% dos votos válidos.