Historia postal
A historia postal comezou cando o home sentiu a necesidade de compartir información a distancia. Esta información podería facerse a través do uso de sons ou de sinais de natureza luminosa que debían interpretarse a distancia. Coa chegada da escritura, a información xa pode viaxar como un sinal máis, a través do obxecto que a contén propiamente chamado Glifo. O desenvolvemento das primeiras civilizacións fai necesario un sistema fiable que permita o intercambio de información, que se poida utilizar de cando en vez, ata unha longa distancia: polo tanto así nacerón os primeiros sistemas postais. Sistemas que se aproveitarón de todos os descubrimentos humanos que permitian o transporte de información no menor tempo posible. Desde o uso inicial dos animais utilizáronse barcos, trens, avións e, nas últimas décadas, co desenvolvemento de Internet pode ser utilizado para certificar a información en tempo real.
O termo
[editar | editar a fonte]O termo historia postal refírese ao estudo do sistema postal e mais do seu funcionamento así como a recompilación de material asociado ilustrando episodios históricos dos distintos sistemas postais. O termo é atribuído a Robson Lowe, un filatelista profesional, quen fixo o primeiro estudo organizado sobre o tema alo na década de 1930, onde describe os filatelistas como "estudantes de ciencia", namentres que os historiadores postais como "estudantes da humanidade"[1].
A antiga civilización
[editar | editar a fonte]A orixe do servizo de correo é moi vello téñense referencias que datan do 4000 a.C. na China, onde se utilizaban mensaxeiros montados en cabalos que cabalgaban polas rúas levando nun primeiro momento as mensaxes sinxelas e logo mais tarde o diario oficial, que era nomeado "Pao Ching"
A evidencia máis antiga da existencia dun sistema organizado de servizos postais proceden de Kültepe en Turquía e están representadas en tablillas de arxila en caracteres cuneiformes que datan de 2000 aC[2]
No Antigo Exipto xa existía un servizo postal avanzado e accesible, polos funcionarios dos faraóns e ata por unha banda da xente da cultura e os comerciantes. Os servizos de transporte facíanse por vía fluvial e o soporte da comunicación nos que viaxaba a información era en papiros escritos en demótico cando se trata de temas de negocios.
En Persia foi Ciro II o que se preocupo de introducir e tramitar un verdadeiro servizo público postal. Xenofonte de Atenas fala disto na súa obra Ciropedia, e describiuno como baseado na suposición do camiño que fai un cabalo camiñando nun día, segundo a cal construíronse cortellos especialmente para a reposición e repouso. Ao longo da estrada, había 111 estacións e os mensaxeiros podería cubrir toda a distancia en 9 días..
Os antigos romanos puxeron moito coidado coa organización do servizo de correo.[3] Octavio Augusto encargouse persoalmente da reorganización do cursus ou servizo de correo, que se converteu en "Cursus publicus" ou "correo estatal". Os mensaxeiros que traian con eles a información chamábanse "tabellari" (portadores de táboas) e portábana en táboas de óso ou de metal recuberto con cera. Pero pronto, para facilitar o transporte, as táboas foron substituídas por rolos de papiro escrito cunha tinta vexetal chamada "atramentum". A ruta entre unha cidade e outra cidade era percorrido por carros e cabalos e organizabase nas estacións chamadas statio posita da que provén o nome de "estación de posta". Para recoñecer os carros orixinais estes ían cubertos con cunchas de bulla (un molusco do Mediterráneo) ou tacos redondos de metal. Para entregar unha carta os "mensaxeiros" poderían cubrir 270 quilómetros en 24 horas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Introducing Postal History. Capítulo primeiro. Publicado pola British Philatelic Trust en colaboración con The Postal History Society de Londres
- ↑ Focus, n°11 2006 p.231, Vostede ten correo
- ↑ Il Collezionista, (O colecionista (en galego)) Giulio Bolaffi Editore Torino, n°12 decembro 2009 p.34, A tarxeta postal na Antiga Roma (en italiano)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia postal |