Hixinio Ameixeiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Ferrol, España |
Morte | século XX |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Higinio Víctor Ameijeiras Varela, nado en Ferrol, foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inspector xeral do Norte de La Ganadera Española. Masón. Presidente do Grupo esperantista do Barco de Valdeorras (1906) e posteriormente secretario do de Ourense. Creou a festa dos nenos pobres nos Reis de 1907, revitalizou a Festa dos Maios convocando un concurso en 1909, e dirixiu Ecos de Orense (1910-1911). Foi o principal promotor das Festas do Corpus, a través da Liga de Amigos. Foi presidente da Irmandade da Fala de Ourense e o primeiro director de O Tio Marcos d'a Portela, cesando como director en xuño de 1917.[1] En 1918 participou en mitins rexionalistas con Otero Pedrayo, Arturo Noguerol e Antón Losada Diéguez.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Publicou en 1917, na imprenta-papelería de La Región, o parrafeo cómico-costumista De Conversa.[3] Foi estreada por Toxos e Froles no Salón Apolo de Ourense o 8 de xuño dese ano.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con Adela Ferrer Lacaba en 1902.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 16-6-1917, p. 3.
- ↑ El Correo de Galicia, 22-1-1918, p. 2.
- ↑ Universitat de Barcelona, ed. (1995). Eduardo Blanco Amor e o teatro. p. 64. ISBN 84-475-1060-3. Consultado o 26 de decembro de 2014.
- ↑ Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)