Hockey Geu Club Vielha-Val d'Aran
Aparencia
O Hockey Geu Club Vielha-Val d'Aran (en aranés) ou Hoquei Gel Club Viella-Vall d'Aran (en catalán) foi un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Vielha, capital da comarca do Val de Arán (Cataluña). Xogaba os seus partidos no Palau de Gel de Vielha, con capacidade para 630 espectadores. As cores do equipo eran o grana, o gris e o branco.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no 2005, incorporándose á liga española na tempada 2005-06. Os seus mellores resultados na súa curta traxectoria foron dous quintos postos nos anos 2006 e 2007, e unha semifinal da Copa do Rei no 2007. Na tempada 2007-08 retirouse da competición.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial do club (actualmente inactiva)