Hoda Barakat
Nome orixinal | (ar) هدى بركات |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de setembro de 1952 (72 anos) Beirut, Líbano |
Residencia | París |
Educación | Universidade Libanesa |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, xornalismo e actividade tradutora |
Lugar de traballo | Beirut París |
Ocupación | escritora, tradutora, xornalista, novelista, profesora universitaria |
Familia | |
Fillos | Dima Abdallah |
Premios | |
| |
Hoda Barakat (árabe: هدى بركات), nada en 1952, é unha escritora libanesa en lingua árabe. Pasou boa parte da súa mocidade en Beirut e despois foi vivir a París, onde reside. Na súa obra reflicte o trauma da guerra. As súas tres primeiras novelas están narradas por homes que viven nas marxes da sociedade na guerra civil libanesa.[1] A súa obra foi traducida ao inglés, hebreo, francés, italiano, castelán, turco, neerlandés e grego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creceu na vila de Bxari, de poboación maioritaria maronita. Estudou Literatura Francesa na Universidade Libanesa, en Beirut, onde se graduou en 1975. En 1975 e 1976 viviu en París preparando o doutoramento, pero regresou ao seu país ao comezo da guerra civil. Nesa época traballou como profesora, tradutora e xornalista. En 1989 regresou a París, e viviu alí desde entón.
En 1985 publicou a colección de relatos Za'irat ("Mulleres visitantes"). Despois publicou as novelas Hajar al-Dahik (1990), Ahl el-Hawa (1993) e Harit al-miyah. Hajar al-Dahik, a primeira novela en árabe cun personaxe protagonista homosexual, gañou o Premio Al-Naqid.
Aínda que viva na Europa dende a fin da guerra civil libanesa, a autora sempre escribiu en árabe, que declara respectar e amar inmensamente.[3] O seu estilo é bastante elevado, caracterizándose pola adhesión total ás regras da gramática clásica do idioma e a utilización dunha linguaxe formal destituída de coloquialismos inclusive nos diálogos entre os personaxes das súas obras (xustamente aló onde outros escritores árabes serían menos refractarios a usa-lo árabe dialectal).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Modern Arab writers: Hoda Barakat". Al-bab (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2017.
- ↑ "Hoda Barakat". Festival Letteratura (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 4 de marzo de 2007.
- ↑ "Hoda Barakat : « La langue arabe est devenue mon pays »". L'Orient Litteraire (xornal libanés de idioma francés). Consultado o 2021-07-23.