Hombre al agua
Hombre al agua | |
---|---|
Autor/a | Gonzalo Torrente Ballester |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Colección | Textos tímidos 13 |
Xénero(s) | Relato |
Editorial | Ediciones Almarabu |
Data de pub. | 1987 |
Formato | Tapa branda sen lapelas |
Páxinas | 64 |
ISBN | ISBN 978-84-86197-63-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hombre al agua é un relato en lingua castelá de Gonzalo Torrente Ballester, publicado en 1987 por Ediciones Almarabu.
Trama
[editar | editar a fonte]Verán de 1968, durante a Primavera de Praga. Torrente Ballester vai en barco de Vigo a Nova York, logo de facer escala en Lisboa. Vai coa súa familia, e fai amizade co capitán, un home maior que adoita ter relacións pasaxeiras coas mulleres que navegan no buque, e con Mr. Morris, un profesor de Historia masón e bebedor que lle pregunta pola guerra civil española e polo xeneral Francisco Franco.
Falan de viaxes no tempo na literatura, como a obra A Connecticut yankee in King Arthur's court, de Mark Twain, e Mr. Morris, medio bébedo, acaba confesándolle que as viaxes no tempo existen, e que os estadounidenses están mandando cidadáns seus ao pasado para que sexan protagonistas da historia, comezando pola Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. O propósito é modificar a historia para conseguir un poder total; así, envían personaxes que adopten os roles de Cristovo Colón (para non teren a deshonra de seren descubertos por un europeo), Xesús Cristo ou Napoleón.
O relato remata de forma abrupta, con Mr. Morris caendo pola borda ao océano Atlántico.
Narración e publicación
[editar | editar a fonte]O libro está narrado en primeira persoa.
Amais de como texto independente, o relato apareceu en Ifigenia y otros cuentos (Ediciones Destino, 1987)[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ifigenia y otros cuentos", recensión de José García Nieto en ABC, 9 de xaneiro de 1988 (en castelán).
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |