Saltar ao contido

Hospital de la Pitié-Salpêtrière

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital de la Pitié-Salpêtrière

Tipohospital e hospital Editar o valor en Wikidata
Parte deAssistance Publique – Hôpitaux de Paris (en) Traducir e AP-HP Sorbonne University Hospital Group (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura barroca Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 48°50′13″N 2°21′54″L / 48.837, 2.365
EstadoFrancia
Institución públicaMetrópole do Gran París
Colectividade territorial francesa cun status especialParís
Distrito municipal13º distrito de París Editar o valor en Wikidata
Construción
Fundación1657 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Número de camas1.603 Editar o valor en Wikidata
Implicados
Arquitecto(s)Antoine Duval (en) Traducir, Libéral Bruand (pt) Traducir, Louis Le Vau, Pierre Le Muet e Henri Prudhomme (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Encargado porLois XIV de Francia Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento histórico clasificado
Data14 de decembro de 1976
IdentificadorPA00086592

Monumento histórico inscrito  
Data14 de decembro de 1976
IdentificadorPA00086592
Contacto
Páxina WEBpitiesalpetriere.aphp.fr Editar o valor en Wikidata
Redes sociaisFacebook: lapitiesalpetriere Twitter: HopPitieSalpe Instagram: hopitalpitiesalpetriere LinkedIn: gcs-pitie-salpetriere-hopital-des-gardiens-de-la-paix Youtube: UC8Sx4yJBCn9EGfuggubdwLA Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Entrada do hospital.
Gravado de L'Hopital de la Salpêtrière realizado arredor de 1660 por Adam Pérelle.

O Hospital de la Pitié-Salpêtrière (en galego: Hospital da Piedade-Salpêtrière) é un hospital público francés situado no XIII Distrito de París. Foi construído no século XVII.

A súa construción inicial foi encargada polo rei Lois XIV ao arquitecto Libéral Bruant en abril de 1656. Elixiuse como localización un soar onde había unha pequena polvoreira. O edificio recibiu o nome de Hôpital Général pour lle Renfermement des Pauvres de Paris (en galego: Hospital xeral para o internamento dos pobres de París) e tiña como propósito principal internar aos pobres e vagabundos da cidade. Dividiuse en tres partes: La Pitié, para os nenos, Bicétre para os homes e La Salpêtrière para as mulleres. En 1684, a parte de La Salpêtrière foi ampliada cun edificio que servía como lugar de reclusión ás mulleres denunciadas polos seus maridos ou pais. Engadiuse unha zona carcelaria para as prostitutas. Ás portas da Revolución francesa o hospital tiña unha capacidade para dez mil enfermos e as súas dependencias penais acadaban até trescentos detidos.

Durante a noite do 3 ao 4 de setembro de 1792 (Masacres de setembro), o hospital escribiu unha das súas páxinas máis negras coa matanza de 34 mulleres internadas no recinto La Salpêtrière.

Durante o século XIX, o traballo dalgúns dos seus médicos como Philippe Pinel ou Jean-Martin Charcot (considerado o pai da neuroloxía moderna), converteron ao centro médico nun dos máis recoñecidos a nivel da saúde mental. Son moitos os estudantes que chegaron de toda Europa para estudar no hospital.

Actualmente alberga o que en francés se chama CHU Pitié-Salpêtrière, que é a abreviación de Centro Hospitalario-Universitario Pitié-Salpêtrière (xurdido da fusión, en 1964, dos hospitais de la Salpêtrière e de la Pitié).

Neste hospital foi onde a princesa Diana de Gales faleceu o 31 de agosto de 1997, após sufrir un grave accidente de tráfico no túnel de Alma.[1]

Hoxe en día é un dos principais hospitais de París. O hospital tamén alberga o Institut du cerveau et de la moelle épinière.

Notas ao pé

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • La Pitié-Salpêtrière: quatre siècles d'histoire et d'histoires - Maximilien Vessier, editado polo propio hospital. ISBN 2-9513550-0-9.