Saltar ao contido

Hospital de sangue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un hospital de sangue é un hospital provisional que se sitúa nun punto conveniente cerca do lugar onde se dá unha acción bélica. Recibe moitas veces persoas feridas dos diversos bandos. Tamén se denominan así algúns hospitais militares, aínda que se atopen dentro dunha poboación.

Características

[editar | editar a fonte]

A orixe destes estabelecementos foi a necesidade recoñecida de auxiliar de xeito inmediato e eficaz aos feridos dunha acción que morrían en gran número sen seren socorridos. Estes hospitais ambulantes foron respectados mesmo nos momentos de máis calor e intensidade do combate, xa que salvaron moitas vidas.

Os hospitais de sangue pertenceron posteriormente á administración militar. Esta debe coidar de que estean ben abastecidos, dotados do número necesario de persoal médico, enfermeiro e de cirurxía, así como sacerdotes para o socorro moral dos doentes. As condicións locais destes estabelecementos deben axustarse á misión e destino que se lles dan, polo que estas non se poden graduar nin sinalar dun modo xeral e absoluto.

Historia en España

[editar | editar a fonte]

Nos escritos e documentos que se conservan no estabelecemento de El Buen Suceso consta que os Reis Católicos concibiron a fundación deste. Recoñecían a necesidade que tiña a corte nos seus continuos movementos e conquistas dun hospital ou enfermaría onde fosen asistidos os seus individuos e criados. Para os efectos pedíronlle bulas ao papa e agregáronlle ao hospital existente en Roma co título de La Caridad. Atopábase no sitio da cidade de Baza e a raíña fixo separar parte do seu aloxamento con camas para recibir nel os feridos. Asistíaos persoalmente con moitas das súas damas.

Na Terceira Guerra Carlista

[editar | editar a fonte]
Hospital de sangue na igrexa de San Juan Muskiz durante a terceira guerra carlista

Durante a Terceira Guerra Carlista Concepción Arenal dirixiu persoalmente o hospital de sangue de Miranda de Ebro, onde se atendía aos feridos de ambos bandos.[1]

Na guerra civil

[editar | editar a fonte]

Na guerra civil española funcionaron, entre outras moitas frontes, na defensa de Madrid. A maioría deles creáronse por consecuencia de que o ministerio de Sanidade e o Concello de Madrid aprobaron que diversos edificios como o Hotel Ritz e o Palace fosen destinados a albergar senllos hospitais de sangue.[2] No Ritz morreu Buenaventura Durruti o 20 de novembro de 1936.

  1. Ayala Aracil, Mª Ángeles. "Biografía de Concepción Arenal". Cervantes Virtual (en castelán). 
  2. Montoliú, Pedro (2000). Madrid en la Guerra Civil (en castelán). I. «La Historia» (2ª ed.). Madrid: SILEX. p. 156. ISBN 9788477370727. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]