Hot Tub Time Machine
Hot Tub Time Machine | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hot Tub Time Machine |
Director | Steve Pink |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Christophe Beck |
Fotografía | Jack N. Green |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | MGM Distribution Co. (Estados Unidos) Lakeshore International (internacional)[1] |
Estrea | 26 de marzo de 2010 |
Duración | 99 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 36 millóns de dólares[3] |
Recadación | 64,6 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://www.mgm.com/#/our-titles/2387/Hot-Tub-Time-Machine | |
Hot Tub Time Machine é un filme estadounidense de 2010 dirixido por Steve Pink e protagonizado por John Cusack, Rob Corddry, Craig Robinson, Clark Duke, Crispin Glover, Lizzy Caplan e Chevy Chase. O filme estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de marzo de 2010. Conta a historia de catro homes que viaxan ao pasado até o ano 1986 a través de jacuzzy, e tentan atopar a maneira de regresar a 2010. A súa secuela, Hot Tub Time Machine 2, estreouse o 20 de febreiro de 2015.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- John Cusack como Adam Yates
- Jake Rose como Adam en 1986
- Rob Corddry como Lou "Violator" Dorchen
- Brook Bennett como Lou en 1986
- Craig Robinson como Nick Webber-Agnew
- Aliu Oyofo como Nick en 1986
- Clark Duke como Jacob Yates
- Chevy Chase como Repairman
- Collette Wolfe como Kelly Yates
- Crispin Glover como Phil Wedmaier
- Sebastian Stan como Blaine
- Lizzy Caplan como April Drennan
- Crystal Lowe como Zoe
- Kellee Stewart como Courtney Agnew
- Odessa Rojen como Courtney con 9 anos
- Lyndsy Fonseca como Jenny
- Charlie McDermott como Chaz
- Jessica Paré como Tara
- William Zabka como Rick Steelman
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme estreouse no número 3 da carteleira na súa fin de semana cunha recadación de 14 millóns de dólares en 2 754 cinemas, cunha media de 5 091 dólares por cinema. Hot Tub Time Machine recadou 50,3 millóns de dólares en América do Norte e 14,3 millóns máis noutros territorios, para un total mundial de 64,6 millóns de dólares sobre un orzamento de 36 millóns.[3]
Hot Tub Time Machine estreouse en DVD e Blu-ray Disc o 1 de xuño de 2010. Tamén se lanzou unha versión "sen clasificación", co Blu-ray Disc que contén unha copia dixital.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kay, Jeremy (8 de maio de 2009). "Lakeshore, MGM climb into Hot Tub Time Machine". ScreenDaily. Consultado o 1 de xullo de 2022.
- ↑ "HOT TUB TIME MACHINE (15)". British Board of Film Classification. 2010-03-29. Consultado o 2013-06-22.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Hot Tub Time Machine (2010)". Box Office Mojo. CBS. Consultado o 2010-03-29.
- Filmes de 2010
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Steve Pink
- Filmes de United Artists
- Filmes de viaxes no tempo
- Filmes sobre alcoholismo
- Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes rodados en California
- Filmes ambientados en 1986
- Filmes ambientados en 2010