Humberto Cholango
![]() (2017) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1975 ![]() Cayambe Canton, Ecuador (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ecuador Pobo quechua ![]() |
Educación | Politecnica Salesiana University (en) ![]() Universidade Carlos III de Madrid (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | labrego , político ![]() |
Empregador | Cayambe Canton (en) ![]() National Congress of Ecuador (en) ![]() Provincia de Pichincha (1998–1998) ![]() |
Partido político | Pachakutik ![]() |
Manuel Humberto Cholango Tipanluisa, nado nos Andes, Cangahua, Pichincha, en 1976, é un labrego, dirixente indíxena e político ecuatoriano de nacionalidade kichwa. Dende 2003 até 2009 foi presidente da organización kichwa ECUARUNARI.
Humberto Cholango participou na fundación da Corporación de Organizacións indíxenas e Campesiñas de Cangahua (COINCCA, antes UNOIN) e dirixiu a sección de educación. Foi tamén presidente do grupo de mozos Intipa Churikuna (do kichwa, "Nenos do Sol"), fundador da Radio Intipacha ("Tempo do Sol") e Primeiro Coordinador da Confederación do Pobo Kayambi.
Na ECUARUNARI foi dirixente da mocidade e de educación dende 2000 e foi elixido presidente de ECUARUNARI en 2003. En decembro de 2009 sucedeuno Delfín Tenesaca.
En maio de 2017 foi nomeado Secretario Nacional da auga polo presidente Lenín Moreno.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Nuevo gabinete ministerial: los funcionarios que se quedan y los que retornan". Ecuavisa (en castelán). 23 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2017. Consultado o 24 de maio de 2017.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Humberto Cholango ![]() |