Saltar ao contido

Humberto I de Savoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHumberto I de Savoia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento970 ↔ 980 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1042 ↔ 1 de xullo de 1048 Editar o valor en Wikidata
Hermillon (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLes Échelles Editar o valor en Wikidata
Lay abbot of Saint-Maurice-d'Agaune (en) Traducir
1032 – Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCount of Savoy (en) Traducir
Conde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Savoia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAncelie Editar o valor en Wikidata
FillosAymon, Amadeu I, Conde de Saboia, Burchard, Oddon, Conde de Saboia Editar o valor en Wikidata
PaiBerold Editar o valor en Wikidata
IrmánsOdon (presumiblemente) Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Savoie-278

Humberto I de Maurienne e Belley (máis tarde tamén de Chablais), chamado Humberto das mans brancas, nado no Reino de Borgoña cara ao 980 e finado en Hermillon, condado de Savoia, o 1 de xullo de 1048, foi o primeiro conde de Maurienne, que foi o embrión da futura Savoia (1032 - 1048) e o iniciador da posterior chamada dinastía Savoia no que se había converter no condado do mesmo nome.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu ao redor do 980 nunha aldea da actual Maurienne, daquela parte do Reino de Borgoña e agora parte de Savoia. Era descendente da nobreza saxoa, italiana, borgoñona ou provenzal. Chamárono "o das mans brancas" pola súa gran xenerosidade ao longo da súa vida.

Morreu na aldea de Hermillon, agora no departamento francés de Savoia, o 1 de xullo de 1048.

Subida ao trono condal

[editar | editar a fonte]

Durante as guerras entre Rodolfo III de Borgoña e Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico, Humberto apoiou a este cedendo provisións e soldados polos seus lazos familiares. Como resultado desta axuda, o emperador Henrique II nomeouno conde de Aosta, unha rexión montañosa do Reino de Borgoña e concedeulle o norte de Vienés. Pola súa situación nestas terras, Humberto protexeu o flanco do exército de Henrique durante a súa invasión da península italiana en 1004.

As terras de Humberto eran esencialmente autónomas á morte de Henrique II grazas á súa inaccesibilidade e importancia reducida. Así, en 1032, na desintegración do Reino de Borgoña pola morte de Rodolfo III sen descendentes dividiuse o condado de Viena no condado de Albon e Maurienne por Conrado II do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Matrimonio e descendentes

[editar | editar a fonte]

Casou con Ancilla de Lenzbourg, filla do mestre de cerimonias do Reino de Borgoña, con quen tivo catro fillos coñecidos:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]