Hydrochous gigas
Hydrochous gigas Salangana xigante | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Hydrochous gigas, coñecida vulgarmente como salangana xigante, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas),[2] a única do monotípico xénero Hydrochous.[3][4][5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1901 polo ornitólogo alemán Ernst Hartert e o zoólogo británico Arthur Gardiner Butler, especializado en ornitoloxía, co nome de Collocalia gigas.[6]
Variacións taxonómicas
[editar | editar a fonte]Posteriormene foi clasificada dentro do xénero Hydrochous, descrito en 1970 por Richard Kendall Brooke, en Durban Mus. Novit. 9: 13-24.[7]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]A do xénero, deriva do nome Hydrochous, nome latino da constelación de Acuario, derivado do deus da mitoloxía grega Udrokkoos, o vertedor de auga; aludindo á asociación de H. gigas coas fervenzas.[8]
O epíteto específico, gigas está tirado do latín Gigas, -gantis, un dos Xigantes da mitoloxía grega, fillos da Terra (Xea) que querían destronar a Xúpiter (Zeus).[9] Literamente: "xigante".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
Características
[editar | editar a fonte]Hydrochrous gigas ten unha característica distintiva en relacición cos outros membros do seu grupo: ten envergadura alar máis grande (150 mm) en comparación coas outras salanganas.[11] É unha salangana bastante grande, que pode chegar até os 16 cm de lonxitude e acadar un peso de 37 g nos machos, e de 35 a 39 g nas femias.[12] A diferenza doutras salanganas, a maneira principal de soporte de seu niño é que está construído sobre unha superficie plana e horizontal, pero non se mantén unido a ela pola saliva.[13]
Distribución, hábitat e costumes
[editar | editar a fonte]A salangana xigante encóntrase en Indonesia e Malaisia, e os seus hábitats naturais son os bosques e os ríos e montaña húmidos tropicais e subtropicais.[1] Non é totalmente nocturno, pero pode orientarse visualmente con pouca luz.[14]
A especie vive sobre todo nas selvas tropicais, en zonas montañosas escarpadas, e depende en gran medida das fervenzas como lugares de reprodución. Os límites de altitude en que habita son pouco coñecidos, pero existen rexistros de 800 m na península Malaia, 440 m en Sumatra e de 300 a 1 500 m en Xava. Aínda que esta especie carece de ecolocalización, ten unha visión aguda con pouca luz e pode alimentarse nos crepuscúlos, o que pode contribuír á escaseza de rexistros.[15]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie, pouco coñecida, ten unha pobloación disxunta e probabelmente pequena, e que se cre que está en declive debido á perda e degradación dos bosques da súa área de distribución, polo que actualmente considérase como NT (case ameazada), polo que se necesitan urxentemente enquisas máis detalladas para aclarar o seu status.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2017): Hydrochous gigas na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ Ver Hydrochous na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 22 de outubro de 2019.
- ↑ Hydrochous Brooke, 1970 no ITIS.
- ↑ Hydrochous gigas. Swift waterfall na ADW.
- ↑ 6,0 6,1 Hydrochous gigas en Wikispecies.
- ↑ Ver Apodidae en Zoonomen.
- ↑ Hydrochous, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ gigas, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Salangana Gigante. Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) en AviBase.
- ↑ Somadikarta, Soekarja (Outubro de 1968). "The giant swiftlet, Collocalia gigas, Hartert and Butler" (PDF). Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "Waterfall Swift (Hydrochous gigas)". www.hbw.com. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ Lee, Patricia L. M.; Clayton, Dale H.; Griffiths, Richard; Page, Roderic D. M. (9-07-1996). "Does behavior reflect phylogeny in swiftlets (Aves: Apodidae)? A test using cytochrome b mitochondrial DNA sequences". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 93 (14): 7091–7096. ISSN 0027-8424. doi:10.1073/pnas.93.14.7091.
- ↑ Medway, Lord; Wells, D. R. (1110-1969). "Dark Orientation by the Giant Swiftlet Collocalia gigas". Ibis 111 (4): 609–611. ISSN 1474-919X. doi:10.1111/j.1474-919X.1969.tb02570.x.
- ↑ Joseph del Hoyo, Andrew Elliot & Jordi Sargatal 1999.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hydrochous gigas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4.
- Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.