Hyghalmen Roll
Hyghalmen Roll | |
---|---|
College of Arms, Londres | |
Tamén coñecido como | High Almain Roll |
Tipo | Armorial |
Data | 1447-1455 (Rodney Dennys) c. 1450 (Gwynn-Jones) c. 1485 c. 1520 (Emmanuel de Boos) |
Lugar de orixe | Colonia |
Lingua(s) | Alemán |
Autor(es) | Descoñecido |
Material | Pergamiño |
Dimensións | 300 × 210 mm |
Condición | Restaurado en 2016 |
Contido | 691 armas |
Posesións previas | Thomas Benolt |
Identificador | MS M. 5b |
[ modificar datos en Wikidata ] |
O armorial Hyghalmen (alemán: Hyghalmen Wappenrolle), tamén coñecido como High Almain Roll, é un armorial alemán que se conserva no College of Arms de Londres.
Características
[editar | editar a fonte]Foi realizado en Colonia ou nos seus arredores. Non está datado de xeito uniforme na bibliografía: 1447-1455 (Rodney Dennys), c. 1450 (Gwynn-Jones), c. 1485 ou c. 1520 (Emmanuel de Boos). Está en posesión do College of Arms após ser legado por Thomas Benolt (†1534), anterior propietario e superior dos reis de armas provinciais (Clarenceux King of Arms) da propia institución inglesa.
Contén 691 escudos, entre os que se inclúen armas fabulosas como as de Xesús Cristo e de anxos, así como armas de nobres alemáns, do delfín de Francia e de condes saxóns. Tamén se representa o escudo de Galiza, sendo esta unha das máis antigas representacións que incorpora as cruces.
Algunhas imaxes amosan características propias da heráldica alemá, como a repetición de temas no escudo e na cimeira.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hyghalmen Roll |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clemmensen, Steen (2017). Armorials - listed by Sigla (PDF) (versión PDF). Ordinary of Medieval Armorials (en inglés) (2.ª ed.). Farum, Dinamarca. pp. 119–120.
- Dennys, Rodney (1975). The Heraldic Imagination (en inglés). Londres: Barrie & Jenkins; Toronto: Anson-Cartwright Editions. pp. 97–98. ISBN 0-919974-01-5.
- Turner, Jane (1996). Dictionary of Art (en inglés) 14. p. 415.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Hyghalmen Wappenrolle". Heraldik-Wiki (en alemán).