IES Dionisio Gamallo Fierros
IES Dionisio Gamallo Fierros | |
---|---|
Enderezo | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Na rede |
O IES Dionisio Gamallo Fierros foi un centro educativo de Secundaria de Ribadeo. No ano 2012, foi unificado co IES Porta da Auga, constituíndo o IES de Ribadeo.
Características
[editar | editar a fonte]O instituto comezou a funcionar en 1955 pero o edificio inaugurouse en 1958 e foi o primeiro Instituto de Bacharelato da comarca, co nome de Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel.[1] A denominación de "Instituto Laboral" debíase a que nel se realizaban prácticas dos diferentes oficios e profesións. A finais do século XX, pasa a ser chamado IES nº 1 de Ribadeo, e posteriormente, xa no ano 2000, recibe o nome de IES Dionisio Gamallo Fierros,[1] quen fora o seu primeiro director, e era un especialista na literatura do século XIX.
No centro impartíronse clases de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato, así como dalgunha rama de Formación Profesional. Gañou algún[Cómpre clarificar] premio de deseño de páxinas web educativas.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Cronoloxía do Instituto". centros.edu.xunta.es/iesgamallofierros. Consultado o 12 de abril de 2023.