IES Lamas de Castelo
IES Lamas de Castelo | |
---|---|
Enderezo | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Na rede |
O IES Lamas de Castelo é un centro de ESO situado no concello de Carnota.
Características
[editar | editar a fonte]O centro abriuse no curso 1998-99, e inaugurouno o entón presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne.
A este centro, onde se imparten clases de ESO, acoden aproximadamente 65 alumnos procedentes do CEIP do Pindo e mais do CEIP de Carnota. O número de alumnos do IES Lamas de Castelo vese reducido, entre outros motivos como a baixa da poboación infantil, debido á proximidade doutros centros de ensinanza secundaria veciños: Muros e Cee.
Proxectos
[editar | editar a fonte]O IES Lamas de Castelo está inmerso nun proxecto de tecnoloxías da información e comunicación). Dispón de conexións á Internet en tódalas aulas, ademais de estar dotado dunha aula de informática e varios equipos portátiles, o que permite aos alumnos traballar co ordenador en cada materia.