IES Manuel Murguía
IES Manuel Murguía | |
---|---|
IES Manuel Murguía. | |
Enderezo | |
Avenida Arsenio Iglesias, s/n 15142 Arteixo | |
Datas | |
Educación | |
Ensinanzas | Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. |
Xestión | |
Tipo | Público |
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Xunta de Galicia | |
Na rede | |
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmanuelmurguia/ |
O Instituto de Ensino Secundario Manuel Murguía é un centro educativo público situado en Arteixo, que imparte ensino de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato. Tamén é sede da Sección de Arteixo da Escola Oficial de Idiomas da Coruña.[1]
Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Conta con dous edificios, que acollen unha media de entre 750 e 850 alumnos. A directora, en 2022, é María Begoña Campos Souto.
Proxectos e actividades
[editar | editar a fonte]O Manuel Murguía realizou varias actividades solidarias, como galas solidarias con Cáritas para loitar contra a fame.[2][3]
O centro recibiu un premio da Xunta en 2020 por un proxecto social que fomentaba a igualdade e a non discriminación.[4]
Ademais conta cunha publicación, a Revista Pudingas, creada polos alumnos e financiada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blanco, Patricia (10 de xuño de 2013). "El instituto Manuel Murguía de Arteixo contará con una sección de la EOI" [O instituto Manuel Murguía de Arteixo contará con unha sección da EOI]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022.
- ↑ La Voz (20 de maio de 2009). "La Los alumnos del Instituto Manuel Murguía organizan una gala benéfica a favor de Cáritas" [Os alumnos do Instituto Manuel Murguía organizan unha gala benéfica a favor de Cáritas]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022.
- ↑ La Voz (7 de maio de 2010). "Gala solidaria con Miss España". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022.
- ↑ La Voz (10 de marzo de 2020). "La Xunta premia al CEIP Luís Seoane de Oleiros y al Manuel Murguía de Arteixo por sus planes inclusivos" [A Xunta premia ao CEIP Luís Seoane de Oleiros e ao Manuel Murguía de Arteixo polos seus plans inclusivos]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022.