Saltar ao contido

IES Monte Carrasco


IES Monte Carrasco
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

O IES Monte Carrasco é un instituto público de ensino secundario obrigatorio situado na localidade pontevedresa de Cangas.

Localización

[editar | editar a fonte]

Está situado no monte Carrasco, na parroquia de Darbo. Do monte toma o nome e o logotipo, pois este reproduce unha mostra da arte rupestre da zona.

Foi creado no ano 1987 como colexio de educación primaria, e como desdobramento do colexio de ensino infantil e primario de San Roque, situado na mesma parroquia de Darbo. No ano 1998 transfórmase en instituto coa entrada en funcionamento da nova rede de centros contemplada na LOXSE e é ampliado. A partir dese momento terá como único centro adscrito o citado CPEIP de San Roque. Conta con oito unidades de ensino secundario obrigatorio en liña 2 con capacidade para 240 alumnos e alumnas. A súa oferta educativa conta con medidas de atención á diversidade (seccións bilingües, agrupamentos específicos, desdobres en materias instrumentais, programas de diversificación curricular e programas de cualificación profesional inicial), e a participación en plans de mellora da calidade. No curso 2010-2011 foi seleccionado para o desenvolvemento do Proxecto Abalar na nosa comunidade; conta con catro aulas de 1º e 2º ESO equipadas para a inclusión das novas tecnoloxías na práctica educativa e catro Aulas dixitais en 3º e 4º ESO. No curso 2015-2016 implanta a materia LOMCE de libre configuración "Información e Tratamento da Información" para os cursos de 1º e 2º de ESO. Dende o curso 2017-2018 participa no Proxecto Edixgal coa implantación do libro dixital. O seu lema: "Atención personalizada á diversidade".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]