Saltar ao contido

IES Río Cabe

IES Río Cabe
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

O Instituto de Educación Secundaria Río Cabe é un centro educativo público, situado no concello de Monforte de Lemos. Impártense ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional.[1]

O terreo no que se localiza, na rúa San Pedro, foi adquirido mediante a contribución realizada polos veciños. O anteriormente denominado Instituto Nacional Mixto foi construído no ano 1965.[2] Ata ese ano os estudantes de Monforte de Lemos remataban o seu bacharelato en institutos de Ourense ou Lugo. O seu primeiro ano de desenvolvemento foi o curso 1964-65. O IES dependeu para o seu funcionamento do Instituto Masculino de Lugo durante os dous primeiros cursos.

En 1967 comezou a funcionar de forma independente. Neste curso contaba con 655 alumnos matriculados oficialmente. Xa que excedían do número de matrículas admitidas, para poder permitir esa cantidade de alumnado, tivéronse que habilitar tres aulas máis. Tamén lles foron cedidos locais no Grupo Nacional Ferroviario e no Grupo Escolar por esta mesma razón. Foi no ano 1972 cando o edificio se ampliou ata ter unha superficie de 8 000 m².

O tamén chamado “Instituto Novo”, no primeiro curso escolar, utilizou os laboratorios rematados como aulas, xa que non contaron con mobiliario nas mesmas ata mediados do curso. A partir deste momento sufriu algúns cambios internos referentes ás estancias do centro.

O edificio ten de dúas entradas que, ao comezar o seu funcionamento, tiñan usos diferentes: a entrada principal era para os profesores e a lateral para o alumnado. Na actualidade uns e outros utilizan a entrada principal.

O contorno do edificio tamén sufriu moitas melloras nos últimos anos. Ao principio estaba situado entre campos de trigo nunha rúa con poucos edificios, localizado preto dunha factoría que no ano 1969 sufriu unha explosión que deixou leves consecuencias no centro. Na actualidade, a rúa na que se sitúa ten un gran conxunto de edificacións e é moi concorrida.[3]

  1. "Instituto de Educación Secundaria (IES) RIO CABE". ciclosformativosfp.com. Consultado o 13/4/2019. 
  2. "Historia | IES Río Cabe". www.edu.xunta.gal. Consultado o 13/4/2019. 
  3. "Bibliocabe". bibliocabe.blogspot.com. Arquivado dende o orixinal (blog) o 13/04/2019. Consultado o 13/4/2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]