III Asemblea Nacionalista
III Asemblea Nacionalista | |
---|---|
Tipo | congreso |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A III Asemblea Nacionalista celebrouse en Vigo o 16, 17 e 18 de abril de 1921, no Teatro Circo Tamberlick[1].
Historia e características
[editar | editar a fonte]Presidida por Francisco Manuel Balboa, o vicepresidente foi Gonzalo López Abente, e secretarios Javier Soto Valenzuela e Víctor Casas. Entre os asembleístas figuraron Vicente Risco, Ramón Villar Ponte, Antón Villar Ponte, Lois Peña Novo, Johán Vicente Viqueira, Valentín Paz Andrade, Victoriano Taibo, Antón Losada Diéguez e Otero Pedrayo.
Tratouse da participación electoral e chegouse á conclusión de participar nas eleccións. O Directorio reservouse o dereito de decidir cando se interviría. Estas restricións do Directorio provocaron a aparición dun Consello Permanente que concentra os poderes da dirección. Estaba composto por Antón Vilar Ponte, Manuel Banet Fontenla, o Conselleiro Primeiro da irmandade coruñesa e o mesmo Risco, quen soubo gañarse a Villar Ponte e Banet, controlando así o Consello.
A Asemblea comisionou a Vicente Risco para que elaborase un proxecto de galeguización do ensino, que se plasmou no Plan pedagóxico pr'a galeguización d'as escolas (1922)[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Descubrir a pie el relato cultural del Vigo de preguerra". Faro de Vigo. 5 de xuño de 2016.
- ↑ "Hai cen anos Vicente Risco tiña un plan: a galeguización das escolas". Praza.gal. 11 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ínsua, Emilio Xosé (2016). A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-201-7.
- Artigos "Irmandandes da Fala" e "Galeguismo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD).